as engurras non son sucos para bágoas

Non, non son regos para bágoas.
Nin devasas para sentimentos.

“O lago”-“Budapest” / Andrés Serrano

Andrés Serrano defínese a sí mesmo coma un artista conceptual. Non intenta plasmar a realidade. Él quere obrigarnos a que nos enfrontemos cos nosos tabús: o sexo, a relixión, a morte. Cágase en todo. Nin sequera se encarga do revelado das súas fotografías, nin coñece técnicas, nin lle importan.
Para ver algunhas das súas polémicas fotos.

Advertisements

14 thoughts on “as engurras non son sucos para bágoas

  1. Eu ás veces tamén son algo “conceptual”. So me falta acadar o estadío de “artista”.
    Polo que respecta as enrugas…, xa houbo quen dixo que ata eran fermosas; así que se por elas corren algunhas bágoas tampouco pasa nada.

    Bicos engorromellados

    Gústame

    • Non ten que ver tanto co meu propio engurramento, coma coa idea estendida da vellez, ese tópico, ese descoñecemento; replegamos aos vellos a submundos: confundimos a súa “chochez” con falta de sentimentos,
      pensamos na súa decrepitude física coma sinónimo de non teren a facultade de disfrutar en todos os ámbitos da vida.
      Contribuen as propias persoas maiores a que se confirme ese tópico: tratan de “adaptarse” ao que se espera deles. E cando algúns teñen personalidade e saúde abondo, ou non son tan dependientes emocionalmente dos fillos, da familia, do que dirán,
      se afasta do convencional, rápidamente é tachada esa persoa de tolear ou de non ter “quen mire por él/ela”
      cómo lle deixará a familia IR así/ FACER isto?
      Ninguén quere dar que falar,
      e por ese quedar ben coa sociedade -que ao final cada un mira por si- perdese moita vidiña.
      Estou a favor da liberación dos vellos. Están aplastados polo noso descoñecemento e a súa propia dependencia que, coma a maioría de nós, arrastrou toda a vida.
      dician nos 60 os movimentos de liberación femininos: suxeitadores fora!
      habería que inventar algún slogan para que os vellos se ceibaran das cadeas que nós lles poñemos.

      Gústame

  2. A vellez é a volta a nenez, canso somos máis nós, os sentimentos volven reinar, e non só necesitamos que nos atendan as necesidades básicas, o que máis necestitamos é o cariño, o amor… É doado…

    Pero os nenos son unha bendición e os vellos unha carga… É triste.

    Sí, eu tamén creo que debería haber unha revolución. Ceibar os vellos!! Sí.

    A foto encántame. E sí, Serrano é todo un provocador… Gústame!

    Xa sabía eu que me soaba… así que Metállica… jaja

    E cómo non vai enrrugarse a pel!! Co que da de sí na vida…. Cicatrices de vivir! Teñen valor. E se sirven para o que sea, pois vale…. Que choren, que rían, que vivan ata o final de forma intensa, que é o que mantén o espíritu mozo… Nunca estar de volta… SEMPRE DE IDA!!

    Gústame

  3. gústame tervos feito a descuberta deste fotógrafo que, dende logo, non é para pasar un anaquiño a gusto; pero que non deixa indiferente.

    e agradecervos, coma sempre, os vosos comentarios. porque, grazas a eles, ter este blog é moito máis satisfactorio ca ter unha libreta persoal.
    E especialmente a vós, que sodes dos habituales:
    raúl, , susana moo, jorge cimadevila, Kaplan, o señor da Chousa, Paideleo, miña amiga saraiba, o raposo, pitima (q me vai facer tita Zeltia),
    Un bicazo, neste sábado ventoso, entrando o outono de facto -chúpate latinajo-

    Gústame

  4. as enrugas son experiencia aproveitada, da boa e da mala, recordan os golpes e bendicións dunha vida chea de anos. as enrugas da miña aboa fálanme dunha época que só podo chegar a imaxinar con esforzo, recórdanme o brutal cambio e a brutal capacidade de adaptación de todas esas enrugas, surcos dunha vida chea de anos. non podo facer máis que admirar á miña e a cada unha das súas marcas da batalla vital.

    encántanme as polémicas de todas as cores e idades, polo que me encantaron as verbas e as imaxes.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s