setembro


[Instante para gardar]

Debaixo da viña o forte aroma da hortelá mestura coa fragancia doce da uva madura. Envolve a tarde o zunido, o tépedo. Dourada a luz, longa a sombra.
O equilibrio. Setembro.

Advertisements

32 thoughts on “setembro

    • Como viches a túa ocurrencia da muiñeira, espertou fantasías (mira máis abaixo, o comentario de Saraiba)

      Conste que os muñecos non volos puxen eu, que volos adxudica o sistema de maneira automática, e que culpa teño eu se vos ve, aos dous, con esas pinzas de crustáceos! clac, clac, clac

      Gústame

  1. Sempre me gustou o outono, puer ser a estación de recollida de froitos, e poo ver como nas paisaxes vai cambiando o verde a amarelo, e polo amencer, algo máis frío, que fai buscar a calor do corpo da persoa que dorme ao teu lado…
    Saluditos desde Valencia

    Gústame

  2. Hummm… qué ricas!!

    Por aquí, nas Rías Baixas, xa comín unhas cantas, das doces pequenas e brancas, das do albariño… Qué ricas están. Este ano estanme a saber moito mellor…

    Bicos coa sabor doce da uva…

    Bonito instante.

    Gústame

  3. Tamen eu quixera revivir aquela fragancia doce e dourada, sentir os dedos pegados do zucre das uvas, escapar das avespas que pululan ebrias sen se percatar que algunha delas ira a macerar no zume do deus Baco…

    Recordo o sabor da garnacha e da mencia (as miñas preferidas) coma se fora hoxe, e sinto unha profunda nostalxia daqueles tempos non tan alonxados nos que a vendimia era unha festa…

    biquiños

    Gústame

  4. Ah, claro, ós figos xa non puideches sacarlles afoticos eh? Zampáchelos todos?

    Non estaría mal unha instantánea de Chousa e Kaplan, bailando unha muiñeira mentres Susana esta toda espatarrá, os demais poderiamos estar tomando ese viniño que din por ahí
    Zeltia, prepara a cámara ajjajajajajaja

    Gústame

  5. Setembro é o mes perfecto. Hai un tempo non o vía así, pero de repente dinme conta de que non me apetece convivir coa explosión da primavera, que prefiro e sinxeleza e calidez das cores do outono. Ese malva-viño e ese dourado das uvas, o ocre dos ourizos dos castiñeiros…
    E os menceres que firen o rostro coa friaxe e espertan os sentidos para que gocen da paz e do esmorecer da luz!

    Igual é que me estou volvendo idiota!
    Quen sabe? Os anos non pasan de balde!
    Gústame a foto.

    Bicos.

    Gústame

    • A mín paréceme que de sempre me gustou o outono!
      (o outono de cedo) polos motivos que dis tí…
      Pode que se vivira nun sitio onde a paisaxe non fose tan cambiante, cálida, agasalladora de feitizos…
      :D
      E no que dis da foto, encántame que che gustase; eu non teño p. idea de fotografía, só quería que fose a esa hora da tarde en que o sol é dourado, e as sombras alongadas lle confiren a singularidade desta época do ano. Uvas, luz e sombras. Era todo o que quería.

      Chámame parva, pero acabo de decatarme agora que fas doblete cos teus blogues!, fun ver estoutro, unha lixeira ollada, -terei que ir con tempo- e resulta mais atractivo ca o outro -polas cores, pola distribución, etc. O contido ainda non tiven tempo de velo-

      Gústame

  6. Vexo que, en xeral, hai certa nostalxia pola vendima, naquelas persoas que se atopan lonxe das suas viñas por estas datas.
    Pois unha escapadiña dun fin de semana, coma fixen eu, e asegúrovos que apacigua o ánimo e armoniza coa natureza; relativiza as tontunadas que nos entran e… por riba… as uvas están boísimas!

    Xa vai ser a unha da mañá e hoxe teño sono, así que deixo un saúdo para todos vós que vos pasastes por aquí, agradecer a compañía, os sorrisos.

    Bicos de boas noites con paladar de uvas doces.

    Gústame

  7. Pra min é unha ledicia a chegada do outono, polos seus cores, seus sabores…

    É tempo de recontros, de quietude, de dourados paisaxes, de longos paseos ao serán, de acougar un pouco tamén no fogar, escoitar musica, facer lecturas, escribir…

    Benvido sexa o outono.

    Unha aperta.

    Deiseche unhas verbas no antigo blog, na páxina que lle recomendaches a Aldabra no teu comentario.

    Gústame

  8. Aquí no hay más que vides. Un paisaje que te acompaña por esta pequeña tierra.
    Racimos que este año ya están en el lagar. Excelente cosecha. La naturaleza ya ha cumplido, ahora que la madera haga su trabajo.
    Bicos

    Gústame

  9. Dábache un premio en metálico por ese último verse se tivera montes e pesqueiros e bateas e forabordas de cincocentos cabalos, pero… ;((
    Ah.. gracias pola propaganda, pero non o fagas moi acotío que aínda me poño tonto a estas alturas, e mira qué vergoña…
    Bicos embaixo dos ramallos (esta Susana esperta os instintos primarios, ou primixenios, ou prismáticos, qué sei eu… ;)) )

    Gústame

  10. Pingback: setembro, que endulza a vida « fálasme a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s