Marchou o sol a esconderse do outro lado da ensenada, tralo castelo de Santa Cruz, cara a Torre de Hércules, e deixou como despedida unha noite cálida e ardentías na auga do mar. Mesturouse o arrecendo do polbo á feira, do salitre, da herba seca. Os músicos de Berrogüeto apareceron no escenario e fixeron que os vellos sons e os novos fosen de ganchete… [Vinos eu ir, flotando polo ar, coma nun cadro de Chagall].
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas bidueiras
nin esperanza nas mágoas
Música: Quico Comesaña / Xabier Díaz.-
Vídeo de youtube Alalá da noite [4:34]
Con ese fondo que pintas, tivo que ser unha boa noite. Agora a aproveitar esas esperanzas.
GústameGústame
A música era magnífica, o escenario parece que tamén, a gastronomía caralluda; pero…non dis nada do viño!!!
GústameGústame
Como me gusta que vde pensase en Chagall no medio da noite, escoitando a Berrogüeto. Esa imaxe súa dos ritmos é perfecta.
GústameGústame
Si Berrogüeto los tuvimos nosotros ayer aquí! NO me digas que venían envueltos del salitre de La Coruña! Oh oh!
Ardentías na auga do mar, precioso! Quén tivera ese ollos teus que aprecian cada intre desa maneira! Bicos.
GústameGústame
O concerto non foi no concello da Coruña, foi enfrente, nunha parroquia do Concello de Oleiros que se chama Santa Cruz, cun portiño moi fermoso, unha illa, un castelo, e a ensenada da Coruña, con ela enfronte…
Onte, no mesmo escenario: Luar na Lubre, magnífico, pero menos agradable porque había demasiada xente para sentirse a gusto.
O de Berrogüeto foi perfecto.
Non sei se coñeces por aquí… déixoche a localización no mapa. Se a alonxas un chisco, vela perfecta, e recoméndoche tomar un algo nas terraciñas do paseo de Santa Cruz, admirando as vistas. (mellor á noitiña)
Santa Cruz de Oleiros map
GústameGústame
La coruña hai que ver!
GústameGústame
Son eu suspicaz ou vai esta certa retranca cun algo de mala leche?
GústameGústame
E ti en primeira liña, disfrutando e transmitíndonos o teu sentir. Sempre tes no ollar, toda a música retida. Bicos de sol.
GústameGústame
Parece unha noite meiga con Zeltia levitando entre as estrelas.
GústameGústame
E se tí queres, tódolos días podes disfrutar dunha kosmogonía… Só tes que estar aberta… Ben aberta…
jaja
Boa Foto!! (xa me entendes…)
Bicos!!!
GústameGústame
Berrogüeto estivo o domingo a noite en Monforte, e eu non puiden ir, mecághina!!!
GústameGústame
sitio fermoso e melhor descrito por ti.
beijos
GústameGústame
Vinos en Lugo, a recadación era para a casa de Manuel María. Como sempre nos seus directos, perfectos. Algúns amig@s comentaban que botaban de menos a Guadi, pero eu creo que a voz do Xavier lle dá un novo sabor sen desmerecer ;)
Santa Cruz e o seu castelo de noite: xenial!!!
GústameGústame
vexo que o pasche ben, vaia que me alegra… fai anos escoitei a xavier díaz nun concerto en solitario… non vexas como me gustou, tanto que merqueri o cd…
a berrogüeto nunca os escoiteri, luar na lubre si e a rosa cedrón en solitario tamén.
biquiños,.
p.d.:marcho para a cama.
GústameGústame
Noites así, sacan as penas todas!
Biquiños.
GústameGústame
Moitas vivencias que temos envolverianse na maxia s‘o con tomar conciencia de estar vivíndoas. E, Xan, ti diralo de coñaa, pero houbo algún intre que pouco me faltou :)
un saudo para todos e todas na hora maxica da siesta, debaixo dunha figueira
GústameGústame
Haces que la vida te recite poesía.
Y la atrapas sola y contigo
Y ahora es nuestra.
Que no se te acabe nunca en el camino que se va estrechando.
Besos
GústameGústame
Zeltia ¡¡¡¡Qué ganas tengo de una noche como la tuya!!!!
Menos mal que has puesto el video y así he disfrutado de la canción, muy bonita. No conocía al grupo y la verdad es que me ha gustado.
Besicos
GústameGústame