Vaise indo o mes de xullo…

Xullo, para despedirse, amosoume a silueta do monte Louro dende o outro lado da ría, o ar tolo revolvéndome o pelo.
Arroloume coas ondiñas plácidas do mar de Carril, a illa de Cortegada velando o meu soño.
Descubriume paraísos.
Regaloume praceres.
Tróuxome a romaría na carballeira e a noite da maxia.
E contoume contos que xa son ficción, pero foron verdadeiros.

Todos os días non son iguais.

 

A experiencia non é o que lle pasa a un home,
é o que un home fai co que lle pasa.”

A single man.

A cita vina na Selva de Esmelle,

Advertisements

16 thoughts on “Vaise indo o mes de xullo…

  1. ¡ay, que envexa sinto!… esa praia… o monte louro, que tiven o gusto de coñecer hai uns anos…

    e eu aquí, mortiña de calor… je je je, bordando soños como Penélope e agardando por meu amor…

    biquiños agarimosos,

    Gústame

  2. Si, vaise xullo, o meu mes estrela. A min tamén me trouxo cousas moi boas e forma de paraísos, praceres e romarías (non podo entrar en detalles. Ti xa sabes, Zeltia porqué cho digo).

    ……………………………………

    El rey ha muerto. ¡Viva el rey!

    Es decir, que acogeremos agosto con todos los honores y bienaventuranzas.

    Gústame


  3. Xullo fo o mes no que disfrutar do Monte Louro, desde Porto do Son, Noia, Arnelas, Baroña…
    En Xullo estuve no Cabo Estaca de Bares, Fisterra, Touriñán, Vilán
    Xullo foi o mes no que degustei os praceres da Galicia….
    Na Ribeira Sacra tambén…

    Bicos

    CR LMA
    ________________________________

    Gústame

    • Vou a Carril só unha vez no ano, [que me invitan a unha casa no paseo da praia]. Pero sempre podemos axudar ó destino :) que a carretera non a moverán de sitio. Eu por unhas ameixas… maaaaató.

      Gústame

  4. Pingback: camisetas « fálasme a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s