o que non sae nunha foto

aquí o propietario da foto

Adianteime a eles para subir amodo, indo dun lado a outro do camiño procurando a sombra protectora da fronde das árbores, agochándome, furtiva, do lume do sol.
Dende o alto mirei cara atrás:  as gotiñas minúsculas que arrefriaban o ar alí embaixo eran agora aprendices de brétema e a auga sonora da fervenza un eco de soño.
Da última volta xurdiron briosamente eles os dous, xuntiños. Falaban de algo que estalou en risas, mirándose, cómplices [era visible o círculo protector que os envolvía, ese no que se illan pensando que fará o seu amor indestructible]. Abrollou de min tenrura, compaixón, nostalxia. Mais axiña as levou un golpe de brisa que me acariñou a pel húmida facendo bisbar as pólas das árbores.
Unha corcheira soltou algunhas follas, bolboretas amarelas planando no ar.

Advertisements

15 thoughts on “o que non sae nunha foto

  1. E eu, nun chouto leve que non me roube tempo (ando carente del, ironías da vida) veño acocharme na túa sombra amiga e deixar a pegada da miña presencia, na esperanza de volver pronto percorrermos estes camiños xuntas.

    Un saúdo cariñoso

    Gústame

  2. As bolboretas suscitan sempre moita delicadeza e incluso fermosura. Non direi que non; pero hai que recoñecer que dende o punto de vista da estética son uns bichos un tanto raros. Son todo alas. Como se tiveran tanto que viaxar no pouco tempo que viven…

    Bicos amarelos do Ulla

    Gústame

    • Di a xente que as bolboretas de cerca son algo noxentas. Fermosas non son, pero a min conmóveme a súa vulnerabilidade. (O outro día vin como unha caeu na auga, alí quedou impedida coas ás molladas. Saqueina da auga sen tocarlle as ás, púxena sobre unha folla ó sol, e cando vin que as ás se ían despegando botei a folla ó ar e desplegouse en cores, alonxouse e sentinme coa ledicia da vida recuperada. )

      Gústame

  3. Das pelis que colguei no slide recomedaríalle El secreto de tus ojos, O home que sabía demasiado, Julia e Julie, e Operación Pacífico: un drama con intriga, unha intriga clásica, e dúas comedias intrascendentes pero moi divertidas.
    Logo, evidentemente, no slide hai de todo, como na vida.
    (A foto das bolboretas, magnífica)

    Gústame


    • (gustaralle ó autor da foto sabelo).
      Das pelis que me recomenda, a que non vin e “operación pacífico”. buscareina. El secreto de tus ojos aínda a vin esta semana. Gustoume.

      Gústame

  4. volvín outra vez con mais calma e ó ler o título ocorréuseme…

    o que non sae na foto é como si non sucedera.

    unha tontada, xa ves… porque por detrás das cousas sempre hai mais cousas… como nos mismos que somos un montón de capas ou cortezas, unha baixo outra e así ata chegar a o centro mismo.

    vou cuirosear esas pelis de kaplan a ver si as atopo porque estou deitada na cama r o mellor anímome a ver alghunha…

    biquiños e boa fin fe semana.

    ay, que casi se me esquece, que me gustou moito o que contaches da bolboreta que caeu na auga.

    comprendo a tua ledicia.

    Gústame

  5. A foto fixéchela, con palabras, con sentimentos, cos teus sabios ollos…. que souberon ver e percibir o esencial do momento…. E quedouche preciosa…

    Círculo protector…
    Bolboretiñas amarelas planando no ar…. aissss

    Hai algo de tempus fugit en todas as fotos, incluida esta, pero tamén un todo volve e revolve e repite, un rumiar os nosos propios momentos do pasado….. ese regusto doce…

    Un gustazo para os sentidos lerte e confeccionar esas fotos que non saen da máquina… da máquina de fotos…

    Bico!

    Gústame

  6. Qué hace un rebaño de mariposas en un prado de cemento? Para embellecer el hormigón? Se puede libar el hierro? Si las mariposas sólo arriesgan la vida por qué no cruzan el mar?

    Gústame

  7. Llevas dos entradas seguidas preciosas.
    Con la anterior se me arrasaron los ojos, pensé que tenía un día tonto, pero hoy se la he leído a Mario y he visto como se le humedecían a él también. La vida dura lo que un pestañeo, ves crecer a tu hijo y ya no estás ahí.
    La de ahora también es hermosa. El circulo del amor siempre es protector.

    Besicos.

    Gústame

  8. Un saúdo desde as discotecas cheas de desesperación, hehehe. Non teñas medo, Zeltia. Eu é que en vez de beber cubatas escribo, desfógome así. E tés razón, non nos entenderemos nunca. O que pasa é que non soporto ver como algunhas mulleres elixen sempre aos máis cretinos.

    Gústame

  9. forragaitas a cousa éche á recíproca: algúns homes tamén elixen ás máis cretinas ;-)
    e uns alixeiran a carga refrexándose no fondo dun vaso, e outros… escribindo. Todo vale para ser, para poder.

    Carol creo que me estoy haciendo sensible a los halagos, porque me gustó mucho lo que me dijiste.

    Rubén pues no tengo ni idea de las repuestas a todas esas preguntas sobre las mariposas. únicamente que unas hojas se desprendieton y planearon cabalgando la brisa, parecían mariposas amarillas. La foto la busqué en la red, como tengo por costumbre, ya que hay magníficas fotos para compartir, y siempre encuentro alguna que me encanta.

    Pitima mi intención era ésa -hacer una foto con palabras- para retener aquello que no sale en la foto. Tú como siempre, llegando al fondo. :)

    aldabra síntome moi acompañada cando te vexo rebuldeira, entre varias das miñas entradas. Transmites que les con agarimo, e sempre te sinto de perto.

    Susana ¿verdade? (qué riquiños).
    Xan Dame tristura concordar tanto contigo… (neste caso, digo)
    raúl terminarás aprendiendo gallego!
    Xenevra tamén eu espero que recuperes pronto un tempo para adicar á túa afición de escribir; irei ver o teu blogue tan pronto me chegue o chivato de movemento! :)

    Eu, por aquí andarei, sempre está o meu blog no peto da miña roupa, na mesiña de noite, no caixón da oficina. É así, dende os 14.

    Coma sempre, grazas por compartir.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s