porque sí

Arearea ou A felicidade no Paraíso. Paul Gauguin. 1892

por momentos penso se non estarei enferma. un tumor cerebral ou algo. [de algún lado ten que vir esta ledicia tonta].
e que non estou afeita a sentirme feliz así, porque sí.


 

Arearea é un dos cadros haitianos que Gauguin expón en París en 1893. Exotismos coma poñer os títulos en haitiano, ou o can vermello deste cadro, provocaron bastantes sarcasmos, máis él non tardou en decir “aí quedades todos” e largouse a seguir pintando indíxenas e vivir entre eles.
(Algo da súa biografía e a obra)

Advertisements

11 thoughts on “porque sí

  1. Supoño que será igual cando estás triste e non sabes polo que.
    Preguntas pola zona onde rouban carros e cancelas ( tradicionalmente ) é so sei que é polo sur da provincia de Pontevedra pero non na costa que é onde fan cacharelas. Exactamente non éun roubo senón un traslado e o dono sabe onde vai topar o desaparecido ( normalmente diante do concello ou nunha praza ).
    Na noite de san Pedro é costume roubar as macetas que están nas ventás e a xente espera a plantar flores a despóis do san Pedro. De tódolos xeitos, a noite de san Pedro xa perdeu forza.

    Gústame

  2. ¡Qué bueno!. Sentirse feliz porque sí, porque uno está vivo.
    Desde tus últimas vacaciones no haces más que suscitar mi envidia, como sigas así el verde va a ser mi color :-)

    Besicos

    Gústame

  3. Iso (pensar que tes un tumor porque estás moi contenta de máis) se chama autoboicot á propia felicidade e consiste niso de que se non tes un problema invéntalo, presíntelo ou agoréralo.
    Déixate de tumores e caralladas e a vivir a vida como o sr. Gauguin, que ao cabrón seica lle gustaban moi, moi noviñas e marchou a Haití porque tíñaas a moreas (e pintou maravillas de paso).

    Gústame

    • Era de broma lo del tumor eh Algo de humor negro, es que es raro raro raro… ahora mismo estou na aldea no medio de ningún sitio, con este aparellino que funciona con 3G. Un can grande durme os meus pes i eu sentada na Porta da eira co chupito de licor café respirando o ar cheo de aromas. E mana e o cumple anos do meu f
      fillo ,que me convidou a un churrasco esta noite feito por el. Que bo rollito.sigo feliz.

      Gústame

  4. A ledicia adoita vir das cousas máis inesperadas e, case sempre sinxelas, por exemplo, ese churrasco ou os arumes que se respiran ás noitiñas ou ao amencer, onde a contaminación das présas non dá chegado.

    Sígue gozando dela. É moi sano. E ás veces ata dura bastante tempo!

    Biquiños.

    Gústame

  5. Sentirse feliz porque si, é a maior das felicidades. A felicidade ou a tristeza a maioria das veces é consecuencia de como nos resituamos ante os acontecementos.
    Que sigas feliz

    Gústame

  6. Para ser artista de verdade como era gauguin há que saber renunciar moitas vezes ó beneplácito dos demáis e marchar-se á odiseia. Essa é no fondo a felicidade pensar menos no que digam os demais do que se fai muitas vezes.

    Umha aperta!

    Gústame

  7. ti tamén eres desas de: “estou a rir moito, hei de rematar o dío chorando”, ou “todo vai tan ben que de seguro vai ter que pasar algo malo2

    eu tamén pensaba así antes pero ¿sabes qué?, xa non, vivo o momento e o resto a tomar polo saco… que pase o que teña que pasar pero eu xa non son agoreira

    biquiños,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s