espazos, sorpresas, silencios

castiñeiro de san bieito

árbore altar en Parada do Sil

Viaxar converteuse nunha maneira máis de consumir. Mércanse soños estereotipados, as distancias redúcense a un número de horas de voo e os destinos máis solicitados presentan ó turista a súa fachada artificial coma un decorado de cartón-pedra.
Eu non quero percibir só como a distancia en km. transforman a paisaxe, os costumes ou o idioma, se non tamén eses outros cambios inmateriais que non caben nunha cámara fotográfica.
E nestes poucos días, a só uns km. da casa, sentinme viaxeira.
De todo, quédome con cousas efímeras: a emoción instantánea de escoitar o peto nun sobreiral de Sober; de atopar no medio do camiño unha cría de corzo na Pobra do Brollón. O gusto do viño ó que me convidou o señor Tino na súa bodega. O sabor das cereixas que collín da cerdeira en Cristosende.
A sorpresa de ver as dúas bubelas, [
á par, cos seus raros penachos, debuxando raias no ar en canto levantaron o voo] e a da mestizaxe entre catolicismo e animismo naquel castiñeiro das ofrendas en Parada de Sil.
E coa estraña sensación de poder ralentizar o tempo no silencio acolledor de Santo Estevo de Ribas de Miño.

“Fala a tarde baixiño
i o corazón sínteo”

Uxío Novoneyra
 

Algunhas fotos que fixen na Ribeira Sacra
As
bubelas están consideradas paxaros de mal agoiro. (A min sempre me pareceu unha sorte velas!)

Advertisements

24 thoughts on “espazos, sorpresas, silencios

  1. As cousas máis sinxelas son as que nos chegan máis dentro pola súa autenticidade.
    Alégrome da túa volta.Afacémonos a visitar outros blogs e notamos unha cadeira vacia alén da mesa…
    Un saúdo

    Gústame

  2. El reencontrarse con la esencia de la vida siempre es motivo de satisfacción. lo natural y lo sencillo es lo que da sentido a nuestro ser.

    Muy bonitas las fotos!

    Un saúdo afectuoso!

    Gústame

  3. A metade da miña familia é do concello de Pantón, a tiro de pedra da Ribeira Sacra e, vergonza demin, apenas coñezo esa zona.
    Por suposto que abraiei co castiñeiro pagán ese.
    Mirei as fotos e gustáronme.
    Hai veces que non precisamos subir nun avión para toparnos cerca do ceo e en lugares inimaxinables.
    Encantoume esta entrada.

    Gústame

  4. Temos en Galiza todo aquelo que podemos desexar: o lugar, os soños, a historia, os ríos, as árbores que nos falan mainiño, o futuro… Un futuro grande que devén dos tempos pretéritos.
    Unha zona preciosa. Agora vou ver as fotos con vagar.
    Un bico

    Gústame

  5. Unha cousa non quita á outra. Coller o avión e marchar cara a outra cultura resulta fascinante tamén.

    Gústame moitísimo facer escapadas ao rural galego, pero sempre me quedo coa impresión de estar asistindo á fin dun imperio. Coma se fóra a Exipto nos tempos de Cleopatra, só que aquí o que atopamos son os velliños soíños atendendo a cinco galiñas, ás derradeiras.

    Se te botaba de menos, así que déixate de vacación, e a currar, nena, que non todo van ser paseíños e ralentís do tempo (fala a envexa)

    Gústame

  6. Vin un galo merdeiro deses antonte… Creo que non o vira nunca, pero hoxe, ó ver a foto do enlace que puxeches dinme de conta, eso era o que vin!! Foi unha visión fugaz, pero chamoume moito a atención polo colorido…. Aisss

    Mira que hai paxaros por aquí… E case todos de mala sona… jaja

    Eu teño pendente esa viaxe. Fareina seguro. Miña irmán é viaxeira e gusta de contarme todas esas cousiñas.

    Sabes disfrutar das cousas… Ben Feito.

    E bonitas fotos, sí.

    Bicos!

    Gústame

  7. Méteme medo o que nós facemos tamen coas vacacions. De algún xeito as abaratamos, facendo das fotos tetemuñales e os videos a una razón de ser, e perdendo todo o importante, facendo do tema unha maratón de tópicos.

    Iso si, logo ben podemos falar da viaxe a cotío, outro dos obxetivos bastardos do exercicio, que penso que o fin balda máis que relaxa.

    (Disculpádeme se non escribo ben, os meus coñecementos de galego son autodidactas).

    Bicos.

    Gústame

    • Bueno, bueno qué vai ser isto! todas a pedir disculpas por falar “mal” o galego… disculpas deberíanas pedir outros por non falalo, nin siquera tentalo!, eu tamén teño moitísimos erros, tamén son “autodidacta”, aprendido directamente da miña nai, como ten que ser! (despois CELGAS os que queiras, pero coma o mamado non che hai, ainda que sexa medio acastrapado, e imos ver! tanto o voso galego coma o meu é dun nivelaso!

      Gústame

  8. Claro, mujer, se viaja para descubrir, no para consumir. Y hemos de volver a los viajes como cosas artesanas, es decir, hechas por nuestros propios medios, no compradas a ninguna agencia. Así se pueden vivir los viajes antes de hacerlos y que, además y es lo suyo, puedan resultar en cosas inesperadas, que también se puedan vivir después. Como los viajes verdaderos se parecen siempre a la vida, son viajes sin destino, sin nada previsto, y en los que no se lleva la intención de ir tachando metas y diciendo “vale, una cosa hecha”. Todos los viajes son viajes a nuestro interior en los que los hallazgos nos muestran, desde fuera, cosas que no sabíamos que teníamos dentro.
    Un bico quentiño, Zeltia, maja mujer descubridora.

    Gústame

    • Soros, te hago caso, te hago caso, sé que hablas como viajero empedernido, a pinrel o con casa a cuestas, aprovechando cada día libre para emprender caminos… ya sabes que el día que me eche al camino (cualquier camino) -nunca se sabe- tendrás muchas experiencias que contarme que me ayuden a prepararme.

      Gústame

  9. Moitas veces, descoidamos o goce do cercano, por vivir soños enlatados que, hoxendía, se nos sirven en National Geographic, ou en Viajar.

    Pero aquí hai máis misterios por descubrir ca na mesma Amazonía. Vale. Son mundos diferentes.

    Alégrome de que gozases coa viaxe.

    Un bico.

    Gústame

  10. Grazas, Nena do Paraugas, síq ue gocei, (sei que o disfrutar co que se atopa, co que se ve, é mais unha actitude, algo subxectivo); cando as circunstancias axudan a que se forme o ánimo adecuado para vivir calquera experiencia dun xeito entusiasta, xa todo vén rodado.

    Chousa, hoxe parece que todo vai de plumas, de galos, de galiñas, … :) e non penso ter tino ningún nas bodegas… excepto que conduza, que o outro día fixéronme un control de alcolemia e non as tiña todas comigo e… voilà 0.00 (evaporárase) (já)

    Susana: o dos velliños é certo, as galiñas non as contei (viches que lle tocaches o orgullo masculino a chousa)

    Paideleo: acostuma pasar, iso que temos no cabo da eira, ímolo deixando para máis adiante, como o temos á beira da porta… pensamos que sempre estamos a tempo. Qué ben que che gustaran as fotos… e a entradiña… mira´tí, que apañadiña, duas bubelas e un peto e xastá! ;-)

    Xan… qué ben senta escoitar que nos botaron de menos (va que sí, Pitima?) ;-)

    Pois, ainda co mel nos beizos, hai dous ou tres dias toda emocionada, e agora xa outras vivencias poñen outro estrato, na superficie das emocións… ¿non tedes a sensación de que hay semanas que pasan moitas cousas que parece incrible que algo pasara hai dous dias porque xa pasaron moitas outras cousas?… pola contra hai temporadas en que as semanas se suceden rapidísimas sen que un sea moi capaz de salientar un recordo verdadeiramente interesante… si, si, os dias grises e baldeiros de contido, son coma un exército en formación: todos igualiños da misma cor, imposibles de distinguir un do outro…

    Un bico para cada un (e cada unha) !

    Gústame

  11. Estoy con Raul, lo que se ve en las fotos es una maravilla.
    Ver como has disfrutado con tu viaje, me hace disfrutar un poco a mí también.
    Espero que no sea muy grande la resaca del regreso.
    Besicos.

    Gústame

  12. Maravillosas las fotos, y los lugares.
    Es cierto que muchos lugares interesantes se han convertido en decorados de cartón piedra, donde es difícil encontrar la autenticidad del lugar, tan cubierta por “tradiciones” para turistas. Es lo que pasa con muchos lugares en España, y en mi caso, para no ir muy lejos con Praga. Muy bonita, pero no se le ve la vida propia, la de sus habitantes, el día a día, sus costumbres; todo está muy pensado para el turista. Ocurre lo mismo con Barcelona, por ejemplo, y con otros muchos lugares en España. Sin embargo, lo bueno de viajar, ya sea a miles de kilómetros o sólo un par de decenas, es que el viaje entre en ti, y los dejes pasar a tu interior: los paisajes, los sonidos, las gentes, los lugares, las costumbres…y con la mente abierta. No hace falta más. Eso me temo que no se consigue con un viaje de pulsera de todo incluido.
    Y además, muchas veces lo más interesante está muy cerca de nosotros; muy cerca y sobre todo podemos sacarle todo el jugo porque somos de la misma cultura. No es necesario irse al Nepal para encontrarse a uno mismo, por poner un ejemplo.
    Besos
    Ni está, ni se le espera

    Gústame

    • Boh, non penses tí!, a un pastor de ovellas e cabras co que estivemos falando, chamouno a muller ó móbil e resultaba raro -para min, non para él-
      ou rosa, espera muller que non teño boa cobertura
      ;-)

      Gústame


  13. Fai pouquiños dias, o día tres, estive nese lugar, en unha fermoso igrexa moi pouco coidada mais con con grandes castiñeiras. Tambe estive no monasteiro de San Esteva do Sil. Gostei y penso que algún debería darme un homenaxe e ir a pasar a noite nese fantatico lugar.

    bicos

    CR & LMA
    ________________________________

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s