entre paredes

as donas desta casa son as mortas que a habitan.
miran, indolentes.
cando as escruto non se inmutan.
escoitádeme!
non podedes amosarme un camiño
que non sexa o das vosas pegadas?.

a dor que vos pesa nos ollos é chumbo que se pousa
no meu peito.

Fotografía de Xoan Piñón. A danza da nada.

fítasme dende o espello
e xa non me acariñas
o meu queixelo

Advertisements

18 thoughts on “entre paredes

  1. Volverei e direi algo máis. Agora aínda fico enguedellada na sorpresa de como conseguiches traer, en apenas 6 liñas, o Non Volvas de Suso de Toro. Estou vendo as mulleres todas das que alí se fala, estou vendo as mulleres que construímos Galiza coas nosas propias mans.
    Fico marabillada polas túas palabras

    Gústame

  2. muller, non será para tanto! :) tendo en conta que non lin o libro. pensas que me gustaría? hai tantos que me apetece ler que non sei cal coller cando termine o que teño entre mans (“El día de Angelo” / Frei Betto -iso sí, quero que o próximo sexa en galego-)

    Gústame

  3. Quieta parada: o próximo libro que vas ler, vai ser o meu (si é que o envío a tempo, que ainda os teño na casa, ai dios, non dou feito), ainda que penso que ti que es das que mais tempo me levas lendo has coñecer todas as historias.
    A imaxe me recordou outro libro tamén, La casa de Bernarda Alba.

    Gústame

  4. Somos o que aprendemos, de xeración en xeración arrastramos os pousos da alma. “Non quero que me apoies, pero escoítame”, aínda que leves as miñas bágoas entre a túa tristeza. Só a xente sensible, comparte a dor, os demais só aturuxan. Mira, todos os rexistros cos que nos agasallas. Bicos, porque hoxe léndote, recoñézote.

    Gústame

    • Ben sabes que do que se escribe ó que os demáis interpretan hai varios mundos, pero para iso se escolle unha determinada linguaxe… sempre hai mundos non vistos detrás das palabras. Emocioname especialmente iso que dis de compartir a dor. A maioría da xente non adoita amosar que sofre. Non se leva. Para seres atractiva/o tés que lucir sorriso -con previo blanqueamento dental pagado a crédito e sen factura por parte do dentista, que hai que defraudar a facenda un chisco- ; corpo modelado no ximnasio; e sobre todo, sobre todo, un optimismo e unha actitude vitalista arrolladora. Se non, és un triste, un tipo (ou tipa) que pode contaxiar pensamentos, visións que hai que sortear, y entonces, ¿cómo ha quedado el BarÇa?, ay no sé, yo ahora estoy liada con lo de la boda, que no sé que comprarme.

      Gústame

    • Exactamente, Rubén. Ese contemplar la vida desde detrás del cristal, ya casi fuera de ella, salvo la que le proporciona la memoria; los tonos de la fotografía -hasta los errores de exposición- (no es una foto digital), que recuerda un poco las escenas de ultratumba de algunas películas, (como “los otros”, por poner un ejemplo), son los motivos que me llevaron a elegirla especialmente para mi entrada,
      porque,
      en ocasiones,
      yo también veo muertos.

      Gústame

  5. quedeime noqueada pensando nos versos que escribiches, que son unha pasada, zeltia.

    e vénseme á testa toda a xente que vive pero está morta por dentro, sin ilusión, sin sin paixón… é non penso en xente maior.

    e a segunda parte do poemiña, como un haiku… ¡que tristura!

    ¡canta soedade fai sentir todo o conxunto!

    biquiños e boa fin de semana

    Gústame

  6. Desta volta, non teño palabras. Quizais as gastei en cousas inútiles. De todas formas penso que nada é inmutable e que podemos cambiar o noso mundo e o de quen nos rodea apenas que fagamos un xesto, por pequeno que sexa. O caso é querer facelo.
    Por outra parte, esas mortas seguramente agochan nas dobras máis vida que a que amosan e o noso labor é descubrila.

    Un bico. Grande, grande.

    Gústame

  7. A foto ten un aire estraño, misterioso, pantasmal, como doutro tempo pero que dalgún xeito quixera interrelacionarse con este.
    As verbas son precisas, axeitadas, deixan como un desacougo para reflexionar.
    E despois está esa dor que se pousa no peito….

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s