angie

Pasoume porque me pillou desprevenida.

Estaba agardando para atravesar no cruce da av. de Arteixo coa ronda de Outeiro [os cascos da radio nas orellas abstraíndome do ruido do tráfico], esvarándome a atención pola acera de enfrente onde un pai falaba co seu neno [simpatízanme os homes que levan bandolera] e, distraída, non me decatei de que Mick Jagger me dicía deixa que che borboriñe no oído e me levaba a ser aquela que hai tempo fora.
Angie era a nosa canción [non podiamos imaxinar, nos momentos en que a escoitabamos pegadiños, que a súa letra sería tamén a nosa historia].
Cando volvín ó meu ser o home do bolso pasaba a carón de min [que vaia ollos bonitos que tiña], o semáforo pechara outra vez.


Algúns recordos son coma  carrachos, están prendidos nonsesabeonde e aproveitan calquera ocasión para brincarche enriba.

32 thoughts on “angie

  1. Pero nena!
    Con esa foto estás saindo do armario, saindo do anonimato?

    Qué ollos, e qué soriso bonito, e digo que “o que de novo bailou ben, de vello ainda lle da un xeito”, ou aquela que ainda me gusta mais: “el vino nuevo bueno, da caldos exquisitos”.

    Y qué sexi Jager, tan noviño! Mírao a él, claro exemplo do que che digo, que daquela moi guapiño, pero logo se lle puxo unha cara de pirata malo, que mete medo, e mata de morbo.

  2. Susana e aldabra, non será tanto coma saír do armario, muller! :-) esta entrada verédela 10 ou 12 persoas, e despois quedará enterrada… e ó ser só texto pasará desapercibido de miradas casuais. Pero tampouco me importa moito, eh! [escribir aquí é un pouco coma falar co espello: (estasme falando a min? dicia Travis falando con alguén imaxinario)].
    O certo e que nin pensei niso do anonimato, e quedo tan lonxe daquela moza noviña, que é, case, coma se non fose eu. Cambiei por fora, e cambiei por dentro [aínda que sei moi ben que a fun, e mesmo o que pensaba e sentía, coma unha espía perfecta].
    Ó non saber modelar e moldear as palabras como querería, a combinación ésta que fixen da canción e a foto, a min váleme para o que eu precisaba apreixar: o que sentin nese rapto por un recordo, ese irme do tempo o do espazo, por uns cantos sg. nada máis, pero de maneira moooi intensa.

    Agora, vendo os vosos comentarios, empézame a dar algo de corte, :o Claro, vós pensaredes que o correcto é dicir algo coma que bonito sorriso tiñas, :-9 ou iso de “la que tuvo retuvo”, :-) e de certo que comparando esta foto coas de hoxe en dia, ata a min me parece que algo bonito tiña!, :-D (ainda que só fose a xuventude).
    Como din os vellos: sendo moza, ningunha é fea :-)

  3. ¡vaia guapa moza que eras e de seguro que és! porque xa se sabe que o que tivo, retivo.
    ¡pedazo de foto mais chula, zeltia!

    ay, o demo dos recordos… son como puñais ¿verdade?

    biqiños.

  4. Pero Zeltia: eses ollos, ese sorriso picaro, esa alegría desbordante, esa beleza perturbadora a estas horas da mañá pode descentrar aos lectores o resto do día. Os recordos sempre van asociados a xestos, a situacións que como un Búmeran volven ao seu punto de orixe.

    • jaja, Xan, non che vira esta cara retranqueira! ;-)

      también raúl y ulises dominan el arte de la ironía, pero en castellano ;-)

      da igual: xa hai algún tempo que non escoito asubíos (nen ó pasar por diante dunha obra!) claro que tamén os albaneis non son o que eran, -agora os daquí depilan o torso, van ó ximnasio e levan tatuaxes e piercings- e a maoioría silbaranlle ás mozas noutros idiomas, porque son de fora ¿non si?)

  5. E para dicilo así de ben, con música incluída, botou tantos anos o Proust a voltas cunha madalena. Vese que el non sabía dos carrachos, nen dos ollos que esvaecen as luces dos semáforos.
    Un bico

  6. O da memoria musical é tremendo. Os recordos golpéante no núcleo do teu ser máis rápido que de ningún outor xeito. Lembreo que meu pai botóu a reir cando tiven a miña primeira lembranza musical… e sabia o que facía.

  7. La memoria es una mala perra; unas veces sin pedirlo nos trae recuerdos de esos que nos ponen del revés, y otras veces nos deja tirados buscando las llaves o las gafas.
    Me ha gustado mucho, mucho, esta entrada. Me has hecho cruzar contigo la calle y el tiempo. Preciosa la foto y muy tierna la canción. No puedo creer que no te quede ya nada ni de preciosa, ni de tierna.

    Besicos

  8. Hay momentos en una vida que tras una ausencia de muchos años reanudamos aquella tarde que dejamos a medias y que aunque se plante en un santiamén en ese semáforo y quizás con amargura, por qué no podemos creernos que sólo hemos cambiado de talla y que por dentro somos los mismos?
    Bicos

  9. E precisamente esas lembranzas, cando xurden, case sempre nos pillan desprevenidas. Pero, que ben presta que aparezan, así de vez en cando, aínda que nos amosen que as cousas xa non se volverán percibir do mesmo xeito.

  10. Hai cruces asi, que nos levan a outros tempos e si é con Mick jagger mellor ca mellor. A túa foto preciosa, de verdade, que sorriso, deus, que sorriso!!!

  11. xenevra: tí sempre tes unha referencia literaria á man, para o que faga falla! ;-) nada, tí non te cortes
    wendy: (xa sabes que me conmoviches coa dedicatoria)e tamén penso que a música pégase a un determinado recordo ou estado anímico, de feito que poden pasar anos sen perder ese poder de evocación.
    carol: sí que nos hace putadas la memoria, pero a veces tb sorprendentes regalos. Me hincho toda yo porque te haya gustado mi entrada
    rubén con amargura no. no llevo dentro de mí resentimiento ni rencor; sí que siento lástima y pesar por algunas cosas, más que por las hechas por la no vividas.
    nena d.p. penso o mismiño ca tí!
    raposo, cruces destas non me importa levar algunha de cando en vez, ainda que deixan un pouso de nostalxia que non sempre se da sacudido á primeira! e grazas polo piropo, direillo cando a memoria me volva levar onda ela ;-)

  12. E aínda son quen de levarte prá camiña e montarche un menage à trente (digamos) que flipas. É o que teñen os recordos, son eles así, arroutados, pouco correctos, románticos, vaia… ;)) (Cada día desfruto máis destas ambigüedades das linguas, oes, parese que che estou vendo a cara de susto… ;))) )
    Por certo: coida ben a camariña esa do peto, que ten uns detallasos que vaia… Hei de ir ver tamén as fotos do rapás da galiña. Encantóume. E sen cantar, mira tí.

    • Setesoles, non me asusto, non, que pillei ó dereito o do menage à trente. (A min tamén che me gustan as ambigüedades das linguas, pero escorréganseme moitas)

  13. ¡Vaya, parece que he llegado tarde! ¿De qué foto hablan en los comentarios anteriores? Si es que uno no se puede ir de viaje y dejar desatendidos los asuntos diarios, no puede.
    Es cierto que la memoria nos hace todo tipo de jugarretas. Unas buenas y otras no tan buenas, como todo en la vida. Sin embargo, cuando un sonido, una imagen o un olor nos retrotrae a un momento que fue amargo, uno lo mira de otra manera, quitándole todo aquel dolor que pasamos, por mucho que éste fuera.Yo, al menos, en esos momentos me alegro de haberlos superado. Y si el recuerdo es bueno, nos saliva la boca, rememorando momentos de alegría, risas o sencilla felicidad.
    A pesar de tener unos añitos en este cuerpo serrano, no conocía esa canción. Bueno, no la conocía hasta hace unos 5 años, que todos los días la oía en Kiss FM cuando iba al trabajo a eso de las 3 de la tarde. Y me sorprendió una canción tan tierna en un grupo que yo consideraba hasta ese momento mucho más duro.
    Besos desde Brno.
    P.D.: veo que en tu enlace a mi blog aparece la última entrada. No creo que sea necesario que siga avisándote de las novedades ¿no? Hoy hay una nueva: “Talent Voice: episodio final”
    Me he leído esta entrada en gallego, sin usar el traductor jejeje aunque reconozco que luego he ido a la versión en castellano.

  14. La vida son recuerdos unos mejores y otros peores ,pero sin duda lo peor de todo sería no tener ninguno que recordar.

    En la foto estas estupenda , sin duda otro bonito recuerdo.

    Un saúdo afectuoso!

  15. cambiei a canción do meu post, zeltia, o certo que ó decirme que non che gustaba moito caín na conta de que non lle iba ó poema… en realidade a que quería poñer era a que deixei agora, non sei por que no último momento a cambiei, supoño que foron cousas de andar apresa…. espero que esta che guste mais.

    biquiños,

  16. É a primeira vez que te visito nesta nova morada e gústame. Tamén me gusta o teu post, tamén lembro “Angie” (púñana sempre nas discos para bailar lento) e tamén me gusta a identificación dos recordos cos carrachos. O que nunca me gustaron foron as “mariconeras” (léase bandoleiras), pero xa se sabe, para gustos, colores.
    Un saúdo.

  17. Aínda que non o crea son dos de bandoleira, arrepíame ter os petos cheos de cousas.
    O dos recordos é fantástico, como vossé di, son quen de visitarnos no inesperado, para mal e para ben.
    Gosto do seu Lempika, é a obra que máis me encanta.

  18. A veces uno es muy torpe, y le tienen que decir qué hacer jejeje. Estás estupenda en la foto, y parece que el tiempo no ha pasado por ti, salvo las modas. Me he tomado la libertad de visitar tu galería de Flickr y en alguna que otra foto sales tú, y realmente estás estupenda. Tienes una cara alegre, que no todo el mundo la tiene aunque sonría.
    Por cierto, veo que has visitado mi tierra de adopción: Almería. Por aquella época yo aún estaba allí, si nos hubiéramos conocido entonces, te hubiera hecho de guía. Hay sitios verdaderamente espectaculares allí, escasamente conocidos incluso por los lugareños.
    Un beso

  19. Cos anos a vida vaise tornando nunha mestura de lembranzas e vivenzas, de sonos e realidades, de bágoas e de sorrisos, de desexos e de… Todo o noso pasado garda pechado no noso presente, e as veces, nuns intres, certos pasaxes reviven facéndonos tremer ca emoción.
    ¡O que importa é o feito mesmo de vivir!

    Unha aperta.

  20. Eu penso que os ollos bonitos do tipo do bolso en bandoleira foi debido a que os confundiches co verde do semáforo. Tivo que ser iso!.
    E xa era hora de que sairas do armario, carallo. A ver se imos saindo tod@s, que adoitan ser moi estreitos en altura e pouco altos en anchura.
    Dígoche que eras guapa para amolarte ou espero a que nos amoses a actualidade para non falar en pretérito?

    Bicos

    • pois a mín, como son pequena, os armarios quédanme folgados dabondo; penso que xa que falas, tí deberías ser o primeiro que saíse… (ben pensado, quén tivemos interés en “verte” xa o puidemos facer nalgún dos vídeos da presentación do libro “55 mentiras sobre a lingua galega” que están colgados na páxina de Prolingua)

      :P

  21. dice el amigo Punset que nuestra memoria nos engaña, que recreamos bastante – por ser discreta- nuestros recuerdos. en mi caso cada vez estoy más convencida de ello, y me encanta! lo que sí está claro, querida, es que Angie hace el papelito de magdalena de Proust. que me pirra aunque mi favorita es la que empieza con música como de carrusel.

  22. Eu non falo gallego como bien sabes, ni aquesta es la entrada para dezir a vuesa merced el muito agrado que face renacer la mía alma castiellana cuand teneís la merced de veniz por mi terruño cuand las malaventuras no me dexan assistir a estos pecios de escriptura de mis amigos de aqueste entuerto del maligno facedor.
    Bessos desde la Castiella (o Cataluña, …sen xodan).
    ¿Brazileiro, perhaps?

  23. Barón de Baroncelle:
    Facía tempo que non vía a beleza,tanta beleza; facía tempo que un sorriso non me deixaba sen parolas, sen alento. Sabía que ises eran os trazos imaxinados, xa non poderei vivir con isa desazón que me procura…cortareime as veas e desangrareinas no bordo do Atlántico; o maremoto de ondas que se produzan non será culpa miña. A tinguidura deixará as areas cheas de vermello que se confundirán con algas que devorarán as gaivotas…non me preocupa, xa o vin todo…son felix,volvinme tolo de remate…perdín o suízo.
    O fillo do Sastre de Baroncelle ou Varonceli.
    D.l.a.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s