día de rosas

rosas (Zeltia)

as rosas teñen a súa topografía:
accidentes, relieves, fendeduras, abismos, cavernas, concavidades, ocultamentos.
elas son máis de xeografía ca de historia.

hoxe foi un dia de rosas 
éstas, e moitas máis, estaban na rosaleda da coruña, coa súa beleza breve i eterna,  para quen as quixese ver.

Advertisements

19 thoughts on “día de rosas

  1. Unha fotografía preciooooooooosa. case chega até esta beira da pantalla o seu tacto.
    Que dicir das rosas que xa non dixera O Principiño?
    “A miña rosa, se non se fixa un nela, podería parecer igual ca vós. Pero ela sabe que é máis importante ca todas vós xuntas, porque a reguei eu, porque eu a metín no fanal e abrigueina do vento, e porque lle matei os vermes (salvo dous ou tres que deixei para que chegasen as bolboretas). E porque moitas veces escoitei as súas queixas e as súas loanzas e aínda tamén o seu silencio. En fin, porque é a miña rosa.”

    Gústame


  2. E ben certo mais sin xeografía no hai fermosura. ¿Podes imaixinar o mundo sin ningún accidente xeográfico? As rosas son pequenos mundos cheos de fermosura.
    Tambén as mulleres… son rosas.

    Bicos

    CR & LMA
    ________________________________

    Gústame

  3. Falta o viño, a fotografía estupenda e o teu estado de ánimo tamén(case non falta nada). O da Xeografía ata ten esquinas. Biquiños de entusiasmo ó lerte.

    Gústame

  4. Bonitas palabras Zeltia.
    Todos somos como rosas de diferentes colores, clases y tamaños, pero sin duda lo más importante de todo es el AROMA que transmitimos a los demás.

    Un Saúdo afectuoso!

    Gústame

  5. Sinto non poder quitarche o rabo, Mari-bel :P
    También querría aceptar tu mate, verónika, la red acerca… pero no tanto!
    Chousa, se algunha vez che da o síndorme ése, non deixes de contalo! -cunha das túas fotos, claro-
    E grazas a todos por compartir comigo a mirada cara as rosas. A súa fermosura xa quedou presa nesta entrada (arestora algunha delas estará algo murcha por mor da chuvia e o vento que se levantou).

    Gústame

    • aldabra e nena d.p. :
      hai mais fotos ca esa rosa amarela. se clicades nela sae unha presentación cunha decena delas :-)
      (tamén deixei un enlace, paga a pena perder un minuto alegrando a vista)

      Gústame

  6. Pingback: a rose is a rose is a rose « fálasme a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s