o domingo

Nos primeiros domingos soleados da primavera A Coruña despreguízase, ábrese, e a xente que xa está de por sí vertida na rúa, paséase polos aperitivos das tabernas, espállase por rúas e prazas,
ateiga as terrazas dos cafés,
[os noctámbulos do sábado tamén, coas súas gafas de sol].

Os Cantóns, A Mariña, o Parrote, María Pita, todas as rúas do Centro teñen un algo de espectáculo, estoupan en bulicio e cores, alternan luces e contraluces. 
Eu tamén quixen mesturarme no barullo poñéndome na ringleira da Italiana, [reflicten as galerías da Marina o son das buguinas, o escintileo do sol no mar da Dársena], el siguiente por favor, entramos por unha porta, saímos pola outra co xeado na man, queda inaugurada a tempada!

É a cidade na que vivo, nesta esquiniña do mundo.
A que me bisba nos recantos, coma un amante segredo, cousiñas que só eu sei que me di.

 

Galerías coma as da Av. da Mariña, das que tanto presumimos, hainas en moitos lugares de Galicia. Mesmo se di que a súa feitura ten orixe nun arquitecto que veu de Vitoria a mediados do s. XIX; o que importa é que na Coruña chegaron á súa identidade. Disque ata Le Corbussier tiña gardadas unhas fotos, abraiado pola súa fermosura. (Igual é unha lenda urbana -da Coruña-recólleo Mariano Tudela) Prego porque fagan a zona peatonal, coches fora!

Advertisements

26 thoughts on “o domingo

  1. E como me soubo este xelado, aínda que nos meus tempos eu era da xa desaparecida Ibense. E como me soubo este mar, e estas rúas re-coñecidas neste momento en que chega a calor a a cidade que me acolle non ten gardados os meus pasos de antano, e faime sentila lonxe…
    As vidreiras gardan o segredo todo do mar que nos con-forma, malia as novas construccións que se empeñan en ocultalo aos nosos ollos :(

    Grazas por traerme os meus pasos; grazas polo xelado neste día en que tanto añoro o meu mar.

    Gústame

  2. Sempre dixen que, de non poder vivir alá no me Refuxio ou aquí en Ourense, gustaríame esa cidade aberta na que, mires a onde mires, sempre ves o mar.
    Pero tamén o interior se espreguiza neste tempo de soles, logo dun inverno de medras vertixinosas do pai Miño. A rúa do Paseo semella un escaparate de caras de circunstancias que non se sabe moi ben o que agochan. Aquí a crise nótase moito. O que máis mágoa me dá desta primavera é precisamente desaparecese a Ibense, todo un símbolo de Ourense, como o foi tamén a desaparecida confitería Ramos, na esquina do Paseo con Bedoia, xusto fronte ao parque de San Lázaro.

    Biquiños calurosos.

    Gústame

  3. aquí en cambio pretender abrir al tráfico un tramo de la explanada, el paseo más importante de la ciudad. hay que joderse! anyway. bien por la apertura de la época de helados!! (ya era hora, oye)

    Gústame

  4. Estaria genial que figeram zona peatonal o centro das cidades. Em muitas cidades de Europa já o figerom e vai-lhes genial, ganham em todo e sobretodo é ecologico. A corunha é umha cidade imperiosa sentada á pé do mar, haverá que diga senhorial, que a min me fai sentir num sitio especial. A min tamén me gosta Lugo (moitos dim que é feia), será que me gosta por aquelo que dizia Celso Emilio de “Eu quero ir a Lugo… ” polo bohemia que me resulta… Mas á fim eu sempre anceio volver ó monte que me pariu xDDD
    Os galegos somos gente apegados á terra, desso nom há duvida.

    Umha aperta!

    Gústame

  5. Los coches no tiene la culpa del caótico diseño de las ciudades.Antes de echar a los leones a lo que nos da libertad deberíamos quemar en la plaza pública a tanto edil paleto con estudios que nos gobiernan desde ls noche de los tiempos.
    Bicos

    Gústame

    • aí rubén, moi ben falado! os coches eles sós non van, seguro. pero na cidade se houbera unhas boas alternativas, poderían ser para os cidadans. é un soño recuperar a vida nas cidades, os espazos, a rúa, as reunións, os paseos, a convivencia. espazos onde os vellos se sintan seguros para pasear vendo nenos xogar. árbores, céspede, bancos, fontes, ruas anchas e baleiras de fume e de ruídos. Por suposto que o coche nos da liberdade, pero as cidades teñen que ter os seus espazos de lecer, non se pode sacrificar todo en aras desa suposta comodidade e liberdade; con bos transport4es públicos e opcións novas que xa están levándose a cabo noutros sitios con bos resultados. Unha cidade mellor, máis ecolóxica, máis humana é posible!!! estou certa diso!!!

      Gústame

  6. Pois se ti ves como esboura a primavera na Coruña, imaxina como se está poñendo Antas…
    Miles de cores acendéndose en intensidades, ducias de milleiros de perfumes dos mellores escaparates das silveiras, os paxariños namorados repiando, as cerdeiras empezando a amosar os pezonciños que han ser cereixas saborosas…
    E sen problemas de saturación co tráfico.
    Iso si, tampouco vemos mozas con cara de velocidade en bicicleta pola dársena do porto deportivo. Pero cando traiamos o mar…xa verás, xa…

    Bicos

    Gústame

    • ¿seica tí non sabes que non se poden comparar peras con mazás?
      :-)
      cada cousa, no seu.
      eu son nena da aldea, e eses arrecendos primeiros non hai asfalto que mos faga esquecer.
      pero hai moitas clases de belleza, a diversidade grande, e as diferencias enriquecennos ¿non si?

      Gústame

  7. a verdade é que te quedas corta eloxiando así a avenida e as súas cristaleiras… é unha fermosura, en calquera época do ano…

    nunca probei un deses xeados pero pronto podo solucionalo.

    biquiños.,

    Gústame

    • Aldabra estás invitada!, pasearemos as dúas pola dársena lambendo cadanseu xeado, e dende os xardíns da Maestranza, miraremos cara o horizonte e tí sinalarasme onde está Ferrol (que eu sempre me orientei moi mal)

      Gústame

  8. Tés razón, pero o mellor é saír un pouco pola comarca e ver as flores nas árbores e arrecender o pole. Eu síntome moi a gusto na Coruña, o malo é que sempre estou nun polígono industrial onde traballo e por iso non teño esa perspectiva tan bucólica.

    É un pracer lerche.

    Un saúdo!!

    Gústame

    • filliño, cando se está traballando é dificil ter unha perspectiva bucólica en ningún lado! (seguro que na teñen nin os xardiñeiros!) -repara que o título do post é “domingo”-
      ;-)

      Gústame

  9. Xelados….
    E eu non era de xelados, pero…. todo cambia…
    A Coruña… aisss, pero sempre vai frío na Coru, dáte moito tempo de acabar o xelado e disfrutalo antes de que se derrita…. sí, éche o lado bo… jaja
    Teño que volver, un día destes, a pasear por ahí.
    A Marina sen coches…. pois sí que sería un cambio…. pero véxoo complicado.

    Un saudiño agarimoso, Zeltia, guapa.

    Gústame

    • pitima, un gusto lerte, grazas pola visitiña, o outro día ainda me pasei polo teu blog, fun recordando o camiñiño… qué é iso de que na coruña sempre vai frio, no , no, hoxe mismo non parei de queixarme da calor. para mín tén a temperatura perfecta, nin frio no inverno nin calor en verán. chove unpouco de máis iso si. e cando sopra o nordéssssss é que quedou a porta do vento aberta, pero bueh! non o ibamos ter todo nós!
      :-)

      Gústame

  10. Dei co seu blog e prefíroo en galego, faiseme duro ler a fermosa descrción da Coruña doutro xeito.

    Agardo que a cidade lle siga contando segredos e que de vez en cando nolos conte aos mortais.

    Gústame

    • verdade que en español non parece o mesmo? tamén neste caso, é que foi pensado en galego, se o pensara en castelán de seguro que usaría palabras diferentes, expresaríame usando outras palabras distintas, outra construcción incluso… é o que tén traducir, ché. que non mola.
      cada día o galego vaime resultando máis doado para expresarme, sobre todo cando se trata de algo referente ó noso, claro, como debe ser. ogallá que pronto saiba manexar con soltura vocabulario e expresións. espero que o blog me axude, porque é algo que preciso.

      Gústame

  11. Hoy he estado algo perezoso, y no tenía ganas de esforzarme en leer gallego jejeje así que me he ido directamente a la traducción, y los comentarios en gallego los he obviado ;-) Pero por palabras sueltas que he podido leer de refilón mientras bajaba la página, he adivinado que se ha hablado de asuntos que poco tienen que ver con la entrada, como es el caso de la peatonalización del centro de las ciudades. El problema de muchas ciudades españolas es que el centro está deshabitado, o prácticamente, con lo cual la peatonalización contribuye a darle vida, bullicio. Siempre da gusta pasear rodeado de gente que también pasea, o que hace sus compras, se toma algo en un terraza, o simplemente pierde el tiempo. En esta ciudad en la que vivo, el centro está peatonalizado a medias, a pesar de haber sido reformado o restaurado no hace mucho tiempo. Por la plaza principal pasan varias líneas de tranvías, aunque los coches no pueden acceder salvo carga y descarga. Que el tranvía atraviese la plaza le confiere por un lado una imagen de otro tiempo, pero por otro arroja un poco de inseguridad sobre todo a los niños que no pueden corretear libremente.
    Por otro lado, como buen país centroeuropeo que es, el helado se vende y se come durante todo el año ¡con el frío que hace! Supongo que para ellos es más un postre que una chuchería para refrescarse.
    Besos.
    P.D.: 2 nuevas entradas, pásate cuando quieras. No me queda muy claro lo que dices de las galerías, pero le preguntaré a PocoYo que estuvo allí 15 días de curso de la empresa.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s