paseo das verónicas azuis e os amorodos

Catro anos despois, o mesmo lugar: o río, o muíño, a mesma velliña dos ollos claros.
Polo carreiro, á beira da canle, deixou ciscadas a primavera violetas e prímulas, narcisos silvestres, verónicas azuis como os ollos da vella.

E agochadiños entre as flores, medrando ó calado, os
amorodos.

A mesma maxia [esta vez sen fume nen veladuras].

narciso silvestre

prímulas, violetas e amorodos criándose

Advertisements

14 thoughts on “paseo das verónicas azuis e os amorodos

  1. Cada a ano a terra vai repetindo a súa sinfonía, sempre igual e sempre diferente, chea de matices que poucas veces nos paramos a observar.
    E claro, logo dun inverno tan pasadiño por auga, coas primeiras calores e co medrar das horas de luz, o verde acaba por confundirse co amarelo e o azul.
    Maxia, sen fume, por agora. E que nos dure!

    Gústame

  2. Tal como o contas, semella de conto de fadas. Pero é así, xa se nota que escomenza a vida na natureza. O malo, dentro de pouco xa me toca rozar as silveiras e a maleza que me van invadir o eido, eche así, para o bó e para o malo…

    Bicos

    Gústame

  3. Catro anos non é nada, se temos en conta a inmesidade do universo.
    Poda que incluso incorporemos novas sensibilidades para aprezar con esmero cada agasallo que a natureza nos fai.
    Eso sí, xa che teño dito que non me saias de paseo polos campos sen a cámara de fotos, raio!. Non ves que despois teño que estarricar moito os ollos para ver esas marabillas que fotografías co móbil?

    Bicos azuis

    Gústame

  4. Nena do paraugas:deses fumes non me fales! (se te refires ós incendios)
    (o fume do que eu falo e un transparente e azul que saía pola chimenea da casa da velliña)
    ______________________

    bueno, raul, no sé si a la ancianita le agradaría mucho que la englobes en la fauna, pero tal vez tampoco le agradase que yo la comparase con una ninfa de los bosques!
    :-)

    ______________________

    tamén ti, carlos, xa lle estás quitando poesía ó asunto, traindo aquí o chollo que da podar as silveiras! (que tamén che teñen o seu aquél cando están cargadiñas de amoras!)
    _______________________________

    perdoa, chousa, pero hai unha cousa que tés agora na man dereita (¡ou é esquerda?) que se chama rato, que se o moves desplazas un punteiro, que se o aplicas sobre da foto pequeniña que che fai estarricar os olliños, faise máis grande!!! siiiii!!!! proooooba!!!

    :-)

    muá (bico de miope)
    _____________________________

    visto así carol, es verdad, la primavera siempre se repite, los que no somos los mismos somos nosotros, como también apuntaba por ahí arriba, con matices, alguien (creo que chousa)

    Gústame

  5. Ante todo, disculpas por escribir en castellano, pero no soy gallegoparlante. Te doy la enhorabuena por este nuevo blog, que intentaré seguir aunque sea con el traductor de Google jejeje porque vaya trabajazo te vas a dar si los tienes que traducir y publicar en dos blogs…a mí que me cuesta medio llevar uno, no me veo con dos y en diferentes idiomas.
    Enfín, que cuando quieras te pasas por el mío, que hay entrada nueva.

    Gústame

    • hombre, hombre no pidas disculpas por expresarte en tu lengua! faltaría más. y se te agradece el esfuerzo de leer en gallego. tienes razón que es un curro traducir los post, (además la gran mayoría carentes de interés para alugien que no sea yo mimsa).
      Sólo traduciría aquellos que pienso que pueden tener dificultad, porque la mayoría se entiende bien con un poquito de voluntad.
      Estuve los días festivos en excursión por los alrededores, pero ahora iré a ver que haceis por allá!!!
      :-)

      Gústame

  6. Gustoume moitisemo o texto de hai catro anos.
    Cunha economía de verbas fixeches que imaxinara o lugar e o momento que pasaches aquel día…

    Penso que é moi importante rexistrar o entorno natural e a súa fermosura…

    Unha aperta.

    Antón.

    Gústame

  7. encántame a palabra “amorodo”, debe de ser porque ten dentro dela “amor”.

    eu aínda non respiro primaveira, todavía sinto moito frío polas mañás e todavía non me pide o corpo salir do meu letargo invernal.

    biquiños,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s