semper fidelis

entón quedamos o luns?
eu estarei xa agardándote no mesmo sitio, á mesma hora,
para que me deas o teu bico dourado.
pero mira que veñas, eh,
por riba que tés esa manía de erguerte tan cedo!
ponte guapo coma o luns e o martes…
08-03-10 8h 23m 09-03-10 8h 13m
 o mércores, o xoves…

10-03-10 11-03-10 8h 14m  
12-03-10 8h y 3m

 

…e coma hoxe, queridiño.

 

Cada certo tempo sáeme o sol ao camiño cando vou traballar, e préndeme o ollo, namórame. Estamos alí un anaquiño de tempo, no sitio aquél, mirando un cara o outro coma parvos. Case sen percatarme, un minutiño cada día, vai eludindo a nosa cita, coma o amante escurridizo que é. Mais eu non lle gardo xenreira, somos unha parella aberta. Eu sei que volverá, e ali estarei eu, semper fidelis.

*as fotos foron feitas co teléfono, [pero e que cando o modelo o vale…] co click agrándanse.

para chegar ós comentarios aquí

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s