cos pés no orballo [1001 amañeceres, VII]

Nas terras do Deza recibin o rompente do sol cos pés no orballo [van 16].
A mañá abriríase morna en canto a brétema abandonou o leito do río desfacendo o seu abrazo íntimo.
[Escoita... bican o ar os asubíos.]
O sol destronou a noite.
[Eu quixera que fose un día eterno no que atopar algo, un camiño que as silveiras aínda non tapiaron.]
presentación de 2:13 con fotos dun amañecer en Silleda, lugares de Dornelas, Cira  e Augacai