as palabras


a foto é de aquí
 

Cada mércores, Dores envólvenos nas palabras [outras]. Eu acubíllome nelas coma en mantas mornas. Abríganme da xeada [que me queima].


Obradoiros de Lecer no outono 2010, no Forum metropolitano da Coruña

coidado co tangaraño!

Trasnos, escoitade: prometo non facervos sentir envexa. Veña, ide dar unha volta! Deixádeme botar unha baila co vento este outono. Que poida vestirme de ocres, vermello e dourado; levar pendentes de ámbar. Sentarme á beira do lume a comer castañas. Escorregar a mirada polas fragas de cores e estomballarme nun leito de follas.

-

Eduardo Blanco Mendizábal, é autor da foto.

Sinto nostalxia destes días cumprir o meu sono de andar polos camiños no medio das faias da  Selva de Irati en outono… e xa non vai poder ser. Outro desexo replegado, agardando no banquiño. [Escoitoume o tangaraño dicir que me sentía feliz]

as engurras non son sucos para bágoas

Non, non son regos para bágoas.
Nin devasas para sentimentos.
-

“O lago”-“Budapest” / Andrés Serrano

-

Andrés Serrano defínese a sí mesmo coma un artista conceptual. Non intenta plasmar a realidade. Él quere obrigarnos a que nos enfrontemos cos nosos tabús: o sexo, a relixión, a morte. Cágase en todo. Nin sequera se encarga do revelado das súas fotografías, nin coñece técnicas, nin lle importan.
Para ver algunhas das súas polémicas fotos.

os adeuses

-A Coruña, 1957. © Alberto Martí.


Hai adeuses sen panos. Sen saloucos. Nen sequera bágoas.
Adeuses silenciosos, que deixan o mesmo baleiro

Está a piques de rematar a emotiva exposición de fotografía periodística de Alberto Martí
 

[Aquelas fotos remexeron no faiado da memoria, e trouxeron a un plano primeiro a lembranza de min mesma de meniña, só uns anos despois dos que abrangue a exposición, esperando ver baixar aos meus familiares polas escaleiras do barco.]

contacto

fotografía de jo minaxe

Cando lle escoitou dicir: si, estamos en contacto,
e puxo aquela voz con ese ton… fóiselle o pensamento máis para o tacto,
que para o con.

 

horizontes

respirei fondo, aliviada [sempre é salgado o ar na rúa rubine].
eran cantos de grilos o ruído dos coches, arrecendo a glicinias os tubos de escape.
había arcos da vella* nas miñas pestanas.
 

Glicinias. Foto do blog de Alex Ghalpon

 

Liberada polo home da bata branca, fuxín feliz pola porta transparente. [non tiven que escoitar as palabras que reducen o horizonte]. 

o mellor que che poden dicir na vida non é
quérote,
se non “é benigno”
Woody Allen

port:arco-íris     cast: arco iris     ingl: rainbow     alem: Regenbogen