fálame a min

fálame a min

Textos, fotos e videoclips.

You can scroll the shelf using and keys

entonces, como hai azar e como hai destino, filosofemos

17 Marzo, 2012 , , ,

Existe o destino, a fatalidade e o azar; o imprevisible e, por outro lado, o que xa está determinado. Entonces, como hai azar e como hai destino, filosofemos”.
Lucio Anneo Séneca

Volvín ó cemiterio de San Amaro para buscar a tumba, tal como ela me pedira había máis dun mes. Esta vez atopeina. Anotei o número, a fila, todos os datos para mandarlle o enderezo do seu amor morto. Nunca antes me fixeran tal encargo.
Era estraño percibir no ar o asomo da primavera, o sol quentando datas centenarias no mármore frío. Ao pasar pola floristería tiven o impulso de mercar unhas flores. Collín dúas rosas e marchei sin que mas envolvesen. Ás presas desandei as estreitas rúas laberínticas do camposanto e pouseillas alí: unha branca, outra amarela. Fixen unha foto co teléfono e mandeilla cun pequeno texto.
Entón chamou emocionada. Contoume que ese mesmo día, 9 de marzo, era a data do seu aniversario.  Dezaseis. Durante 15 anos, tal día coma hoxe, ela regaláralle a el dúas rosas, unha branca, outra amarela.

About these ads

What do you think?

Please keep your comments polite and on-topic.

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

comentarios

:)

untalmarra

17 Marzo, 2012

Filosofemos…

A diferencia doutras emocions ou pulsións humanas, o amor non é escravo da presencia do corpo…. da materia…

Querámolo ou non, a amor se sublima coa ausencia….

Manolo Blog

17 Marzo, 2012

El amor no se lo lleva la muerte.
Un abrazo

violeta

17 Marzo, 2012

Observo que andas floralmente simbólica ultimamente.
Pero, ti xa sabías ou non que ela lle mercaba dúas rosas (blanca, amarela) nese preciso 9 de marzo?
Para ser fantasía atopo a coincidencia ( ou azar) demasiado rebuscada. Si a anécdota sucedeu tal como nola contas, a cousa non vai de rosas, senón de margaridas ( Margarita era o nome que se puñan as bruxas antes de que as queimaran a todas ¿a todas? ;)

susana moo

17 Marzo, 2012

Susana, non tiña nin idea de que o 9 de marzo era o seu aniversario e moito menos que ela levaba 15 anos regalándolle 2 rosas ese día.

Hai uns meses que el morreu,[ contei xa a historia destes dous nun post anterior: "sen dereito a levar flores".]
Coñecía a súa historia de pasada, porque nolas dúas estabamos algo alonxadas… houbo un acercamento cando el enfermou, entón coñecín os detalles delicados e primorosos coma os dun bordado.

Ela enterouse que el fora traído ao cemiterio da Coruña, de onde era súa nai, de aí o encargo para min.

A coincidencia das dúas rosas e o aniversario, xunto coa emoción de por fin atopar a súa tumba, foi motivo suficiente para que a emoción a desbordase.
A min a coincidencia, aínda sendo eu tan escéptica, resultoume inquietante.
[O único que hai de literatura no texto é a cor das rosas, que non lle preguntei, pero ocorreuseme poñelo porque impacta máis, e ese golpe misterioso que me sacudiu, o arreguizo na médula, a carne de galiña, era o que quería reflexar no texto]

zeltia

17 Marzo, 2012

Inquietante sen dúbida, coincidan as colores ou non coincidan. Si é que, como tantas otras veces, a realidade supera á ficción. Maxia, telepatía, vaya usted a saber.

susana moo

18 Marzo, 2012

Todo sucede por algo nesta vida.
E o universo confabulou para que esa persoa recibise ese agasallo tan fermoso.
Non hai coincidencias.
un bico.

mariola

17 Marzo, 2012

Grazas por saber transmitir tanta emoción dun xeito tan sinxelo.

Harmonía

17 Marzo, 2012

Iso chámase dar no cravo. Había un montón de posibilidades de que non acertaras, pero mira por onde, a mesma data do aniversario e as mesmas flores. Se é certo que hai algo máis que esta terreal vida, ao mellor tiveches algo de axuda do máis aló, vai ti saber!.
Bicos

Dilaida

17 Marzo, 2012

tu amiga se quedaría patidifusa al ver que tu sencillo homenaje era idéntico al suyo, al de siempre. caprichosa flor de “azar”

raúl

18 Marzo, 2012

Boas, zeltia. Eu pasaba por aquí para avisarte de que novamente ando á espreita do teu posto nos growing blogs. Pero lendo isto non sei se retirarme do novo, por dúas razóns: a primeira e principal, o medo a que me fagas vudú, e a segunda que lendo as cousas que escribes pérdense as gañas de facer maldades.

O corazón nun puño, xúroo. Unha aperta.

eSedidió

18 Marzo, 2012

gústame verte nesa lista: éche o que hai! ;-)

zeltia

24 Marzo, 2012

Sentarse en una lápida, dejar unas flores a un amor. Nunca dejaría hacer un encargo así. Son rosas que te dejas a ti mismo, a ese perfume que se te metió en el tuétano de los huesos. Igual que al amor que nos dejó, y no está muerto, pero su aroma nos persigue.

ruben lapuente

18 Marzo, 2012

bueno, mi encargo sólo era localizar la tumba… ella se encuentra a 600 km. de distancia

zeltia

24 Marzo, 2012

Aunque ya estoy acostumbrado a estos tipos de hechos nunca dejan de sorprenderme cuando ocurren.
Hay muchas energías que se manifiestan aunque no las veamos ni seamos conscientes de ellas.

Abrazo e saúdo afectuoso!

antonio

18 Marzo, 2012

Quen me dera ser capaz de volver a sentir emoción levando flores ao cemiterio. Agora non me levan os pés, os seres queridos quedan no pensamento, e nas tumbas xa non son quen de sentir que os teño alí, mais confeso que me gustaría sentilo como antes, consolaba moito máis, así a dor xa non se exterioriza e manca máis.
O que si resulta emocionante é saber que aínda quedan persoas para as que o amor perdura alén do perdurable.
Acabo de chegar a Bueu dende a casiña chairega e atópome cansa, tal vez sexa por iso que o comentario saíu morriñento. Pero a morriña existe porque a finde foi moi fermosa.
Saúdos.

filispines

19 Marzo, 2012

linda esa morriña.
este cemiterio non é dos meus mortiños, non son as miñas emocións polas flores, se non pola coincidencia estraña.
a min gústame ir a onde está enterrada miña nai, porque é un atrio dunha igrexa pequena, onde da o sol e se escoitan os paxaros, e os rapaces corren por riba das tumbas, e alí viveu ela os dias de festa, e escoitou os sons que eu podo escoitar. Iso faime sentir cerquiña dela e lembrar e incluso soñar o que ela soñou…

zeltia

24 Marzo, 2012

E que hai cemiterios e cemiterios. Algúns son coma os centros comerciais, fríos, con lápidas-número, nas cidades é así. Non hai coma a aldea, ata para ser enterrado, e formar parte desa paisaxe. Apertas.

filispines

30 Marzo, 2012

Hay ciertos encargos que nos hacen pasajeros de barcos en los que nunca tuvimos intención de subir y testigos de historias que jamás soñamos conocer. Algunas veces uno sueña con descubrir con qué encargo vino al mundo y si alguna vez sabrá si lo ha cumplido.

Soros

19 Marzo, 2012

ya sabes que tengo tendencia a no creer en las finalidades, si no en lo absurdo.
Aún así algunos encargos he hecho, incluso sin que me los enccargasen! :-D
pero tanto los destinatarios como yo no importamos a ese hipotético fin para el cual más bien parecemos medios.

zeltia

24 Marzo, 2012

De novo, unha vez máis… Sen palabras…

Bicos.

A nena do paraugas

19 Marzo, 2012

me encanta perderme leyendote, aunque a veces no saber el idioma correctamente me haga torpe pero sigo practicando!
besitos
:)

Aniña

20 Marzo, 2012

hermosa coincidencia pero como lle dís a Susana, entendo que che inquietara, non é para menos.

é hermosa historia aínda que a morte levara a un dos dous, son cousas que pasan… o amor sigue a ser grande.

biquiños,

Aldabra

20 Marzo, 2012

Os mellores sentimentos, como de feito é o amor, acompáñanos sempre no máis íntimo do noso ser e dános forza.. Se non fose así, morreriamos antes de tempo.

Unha aperta, e grazas polas túas visitas.

Chela

20 Marzo, 2012

un placer sempre, Chela, bótote de menos no Forum

zeltia

24 Marzo, 2012

É unha historia tan fermosa como incrible.
É merecedora cunha boa película.

paideleo

20 Marzo, 2012

xa din que a realidade sempre supera á ficción. (menos nas pelis de bruce willis)

zeltia

24 Marzo, 2012

Por un imprevisible azar, aínda que tras unha azarosa búsqueda atopei este espazo…na Galicia virtual! E decidín quedarme….

Xaquín

21 Marzo, 2012

si, admirado xaquín… o azar preside as nosas vidas.

zeltia

24 Marzo, 2012

….BdV
Vindo de ti era o menos que poiderá ocurrir
Vindo de ti xa me parecía un final tan bo…
[Mellórate moito, mellórate pronto, que non desexo oirte ca voz queda. Non gosto dos doores, gosto das tuas apertas xeitosas. Pon coido no teu e sana...
Rebicos, rediós]
Breves
Deica.

BdV.

22 Marzo, 2012

sempre me sinto agarimada polas túas palabras, gracias. parece que a dor vai pasando, pero irei ao meu médico, si. Mándoche unha apertaza longa e cálida, como che gustan.

zeltia

24 Marzo, 2012

teño un amor especial polo cemiterio de san Amaro. De pequena era eu quen ía coa miña avoa levar as flores e paseábamolo todiño mentres ela me contaba as historias dos que alí estaban. Sempre me gustou demorar nun panteón onde estaba enterrado un matrimonio; era morrera de amor ao non poder soportar a morte do home…
Anos despois, moitos, comprendín que ninguén morre de amor, aínda que me sigue gustando parar alí cando volvo.

xenevra

25 Marzo, 2012

Existen también los regalos cósmicos. Tú te encargaste de dar uno a tu amiga.
¿Ves?
Ni azar, ni fatalidad o destino. SOLO UN REGALO.
Hermoso, por cierto.

Insumisa

28 Marzo, 2012


· Hermoso, muy hermoso.

· bicos

CR & LMA
________________________________
·

ñOCO Le bOLO

7 Abril, 2012

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 59 segidores