B.B. King e Rosalía Castro

Xaneiro 13th, 2012 § 22 Comentarios

Pode o desamor ser unha dor morna, o abandono ferir coma un coitelo, os celos rabuñar, a indiferencia magoar; pero sentimos. O peor: non sentir nada. Esa é a lectura que fago do poema de Rosalía Unha vez tiven un cravo [recita Estíbaliz Espinosa]
Pásame o mesmo con esta canción: The thrill is gone: a emoción foise, di este blues. E xunto coa saudable sensación de terse liberado dun influxo, dun encantamento, [I'm free from your spell] queda tamén un baleiro: onde estaba a emoción, hai un oco.

Para fuxir dese vacío alimento eu as miñas emocións, que non esvaezan -aínda que ás veces manquen-, porque cando se dilúen, quédame o corazón frío, o corpo escarchado.

E eu quero estar sempre derretida.

Etiquetado: , , , ,

§ 22 respostas a B.B. King e Rosalía Castro"

  • milu di:

    Hay momentos en la vida que la risa se convierte en sonrisa y el dolor en hueco. Levanta la vista. Mira hacía el horizonte aunque lo veas partido en dos mitades. Mantén la mirada alta y deja que pase el tiempo…mientras te doy un fuerte abrazo

  • setesoles di:

    Levabas camiño de me facer chorar… E mira por onde rematas como se fose un conto deses porcos ;)))) Case o quero millor así. Sen casi.

  • raúl di:

    Dale al soplete Zeltia, llama viva, para estar bien derretida. Enorme canción.

  • Dilaida di:

    Eu tamén quero estar sempre derretida, e tes razón, o peor é non sentir nada.
    Ah, Dexter é un gato moi boíño, non leva ese nome polo psicópata da serie. Púxollo o meu neto Samuel e el non ve esa serie (ten cinco anos). Na miña casa cando temos un membro novo na familia os que poñen o nome normalmente son os máis pequenos, aínda que as veces tomo eu ese privilexio.
    Non sei porque lle puxo así, cando naceu díxome “avoa este é meu e quero que se chame Dexter” e así foi.
    Bicos

  • Todas las heridas se acaban curando.
    un beso

  • Estas cousas do amor son de ida e volta. De vez en cando cómpre derreter… E tamén enfriar…

  • mariola di:

    O corpo escarchado- unha imaxe fría, impactante, pero unha descripción preciosa, moi visual.
    Ás veces rómpesenos o corazón e outras estala de puro pracer.Todo forma parte do mesmo, como o sol e a lúa.
    Este poema que nos deixas é un dos meus preferidos de Rosalía de Castro e o primeiro que aprendín a recitar de nena.
    un bico.

  • ¡Qué belleza, Zel!
    Esos sentires tan profundos, calan, conmueven y hacen pensar.
    “Es mejor haber amado y perdido, que nunca haber sentido”

    Hermosa sensibilidad

  • Magnífica mistura a de B.B. King e Rosalía. Non se me ocurría ata que ti o dixeches.

    (Fíxate como loitan os percebeiros para ofrecernos “un plato de mar”:
    http://vimeo.com/33078850)

  • parrulo di:

    Pensar que ao espazo sideral atopábano bbaleiro? Agora, ddesde fai anos, sábese que está cheo e composto de cantidade de partículas que parten do plasma derretido e vagan por todo sen deixar recuncho que encher. En cambio, cando algo atravesa algo e extráese si deixa un oco que produce un baleiro inmenso.¨ Poderíase encher con esa voz xeitosa de Chapman, así calquera:
    Rosalía pecaba de preguntas ao inexistente, logo o consolo era irreal.
    Se as preguntas fosen a quen o produce e porqué, as respostas fosen máis concretas e – talvez – enchido con algo. Aos poucos algunhas se pechan e déixase de sentir, a través delas, ese vento que penetra ao DVenturi e produce frío´.

  • Aldabra di:

    eu tamén quero estar sempre derretida, como ti…

    ai, que ben me soa eso… derretida… é moi sensula ¿non cho parece?

    biquiños,

  • Aldabra di:

    tentei escribir sensual, pero vexe que o noso vaime pudindo… marcho para cama.

    biquiños e boas noites.

  • zeltia di:

    Parrulo: as preguntas de rosalía podían ser retóricas, por aquelo de personalizar ;.) tes razón no dos baleiros, os buratos e a voz de Chapman
    Chousa: moitas grazas polo video!
    Piel de letras: no le llamaría yo sensibilidad, precisamente. más bien un poquito enfermita de la cabeza.
    Concha: xa enfriaremos cando sexamos cadáver.
    Aniña: ¿estás segura? (é broma)
    mariola: tamén foi un dos meus primeiros poemas escoitados, (na boca de miña mamá, que non sabía nin quen era a autora)
    Dilaida: pois encántame o nome. se a miña gata non se chamase P.G pois copiáballo ao teu neto ;-)
    Setesoles: home, tamén chamarlle “porco”…! gústame maís “sensula” como dixo Aldabra, algo torpe polo “noso”
    milu: o de deixar pasar o tempo tranquilamente non nos acae ben ás impacientes. e cando xa non somos novas, menos, que tempus fugit;
    pero é un bo exemplo. máis desta vez non me fai falla, que só é unha reflexión… [Aínda que, eu ando sempre algo enfeitizada, por algo, por alguén, claro que sí, pero not too much, que se non despois...]

  • rubén di:

    Te dejo un poema mío de juventud, herida de amor, con la llaga del amor primero el que te acompaña siempre, el que más recuerdas porque es el que más quieres olvidar:

    Espera. No me cierres del todo el corazón que no ha salido aquel beso. Ni aquella mirada de lumbre que se me hizo dentro luciérnaga. Todavía hay un último te quiero guardado que se agarra a un sueño. Espera. Que con otra puntada se hará más de noche. Y el miedo siempre se ceba con lo frágil, con lo niño. Espera…¡Mira! Si ese roce de la ropa que fue una tormenta en mi cuerpo… ¡Lanza relámpagos! Si esa mano lenta de marea que trepidaba en su piel… ¡Empuña un arma! Y aquella boca abierta entregada de túnel sombrío de placer… ¡Si enseña los dientes! ¡Espera! ¡Están asomándose! ¡Qué miradas de soldados cercados por el miedo! Zurce despacio. Ciega con ellos dentro la costura. Que fuera del corazón no son nada. ¡Que me duela siempre esta herida de amor que no se cierra!
    Un beso herido

  • kaplan di:

    Benditas as emocións (mesmo se sufrimos) que nos fan saber que seguir vivos. Como di a miña amiga Tere Holmes, que llo colleu non sei a quen: Líbrádeme Señor das dores físicas, que das morais xa me librarei eu.

  • Soros di:

    Para algunos sentimientos, que de vez en cuando no torturan, es bueno adquirir, con los años y puede que con el conocimiento, algo parecido a la insensibilidad: la indiferencia. Sin embargo, efectivamente, esa insensibilidad, en lo que más tenemos de personas, nos convierte en mojamas si dejamos de sentirla. Y, entonces, aplicando alguna palabra bonita de las que tú usas, el ser, que un día fue amado, se ve como una fruta, pero como una fruta escarchada.
    Y que me gustó mucho.

  • Imposible estar sempre derretida, compre asumilo. É certo que molaría estar sempre na curva alta da montaña rusa, pero non estamos feitos para ser así, ten que haber planicies e hondonadas. E recórdoche que as culturas orientais atopan nesas planicies sen sentimento algún a felicidade tranquila e plena…

    Bicos


  • · No leo a RdC pero si escucho a BBK, que siempre me ha encantado. Grandes del blues, los dos, ella, por gallega y alma morriñenta.

    · bicos y rosquillas

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

  • Aldabra di:

    ja ja ja… entro a correxir un comentario e volvo a escribir mal… quería decir sono… ai deus!

    biquiños,

  • Estupendo texto. Que ninguén nos roube a capacidade de sentir, aínda que sexa dor, porque a dor é vida.

  • merce di:

    Pois mira que a min a mistura esta tamen me gustou…

    E gustame Rosalia, e gustame BB. King e encantame o que escribes.

    Eu tamen estou con Concha, esto do amor tanto é arder coma no inferno como arrefriar até o cero absoluto…

    A min, hai unha mistura que me pode, que me fai tremer, que me afunde no mais profundo, e que me trae ao recordo a un ser querido que xa non está pero que sentía esta canción no fondo da sua alma…

    http://youtu.be/gdnVZE5I8Os

    Que cousas…. ¡do que é capaz unha cancion, un poema!

    Biquiños queridiña!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Que é isto?

Estás a ler B.B. King e Rosalía Castro en fálasme a min?.

meta

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores