mazás con olor a inverno
Febreiro 10th, 2011 § 23 Comentarios
O inverno arrecende a mazás.
Comer unha mazá é un rito. Morder con forza a tona verde vermella; a carne redonda; a polpa branca e saborosa. Estalar contra o padal o zume doce virando a agre nos bordes da língua. Encher a boca de alento a mazá. Falar a mazá [saen as eses sibilantes entre os dentes] estendendo polo ar un son a mazá.
As mazás arrecenden a inverno.
fotografía da galería de sherca en flickr

-
Ando outra vez coas mazás para matar a fame a deshoras: sempre hai unha mazá no coche, na mesa da oficina, no bolso… agora as miñas preferidas son as red chief e as royal gala, fuji, starking…
Algunhas combinan ben co queixo curado e co viño.
¡E mais a laranxa!
As mazás amarelas, vermellas, verdes, que boas están!
Bicos
No me gustan las manzanas pero si tu texto. Lástima que no pueda comprobar lo que dices.
Le tengo manía a las manzanas ¿se puede tener manía a las manzanas?.
Una manzana desencadenó la guerra de Troya, fue diana de inocencia de Guillermo Tell sobre la cabeza de su hijo, despertó la inteligencia de Newton a su sombra, envenenó a Blanca nieves y Neruda le hizo una oda. Qué otra fruta tiene esta historia?
Pues es algo que yo nunca podré comprender, que haya alguien a quien no le gusten las manzanas…
¿Sabías que comer una manzana a mordiscos es mucho más eficaz que un café para mantenerse alerta y despierto??
Yo lo sé desde aquellas noches en vela estudiando, que recomendaban lo de la manzana, mejor que hincharse de cafeína…
Y hay tantas variedades…
Que soy de las tuyas yo… incluso en el gusto por la manzana roja, con las fuji ando ahora mucho…
Durante mucho tiempo me dediqué a la golden de toda la vida, eso sí, más bien verde. Pero los gustos cambian con el tiempo…. jajaja
Y mira que antes no podía tomar queso, y ahora no es que me guste o lo tolere…. ¡es que me chifla!, de todas las clases además, inclusive los más fuertes. Cabrales, azul… aissss qué ricos!!
Y tomar manzana con un trozito de pan…. Qué placer… O en ensalada… rica rica rica
Pues eso, que las manzanas bien se merecen ese texto tan bonito, sabroso, jugoso, aromático, fresco y viciosamente sano!!
Bikos!
Así que un top… jaja, y un short. Bueno, pues no doy una eh… .. Entonces no era un bikini recatado…. ¡era un top atrevido! jaja, bien bien. Un look pin-up años 50. Guapisima se te ve, con aire a Liz Taylor, repito, mujer que a mi me parece preciosa…
Y sí, aunque estuvieras en la calle… ¡aquellas náuticas me siguen pareciendo unas pantuflas! ;-P
Gústanme as Gold Smith, penso que é o nome, verdes, grandes e duras.;))
Bicos
Bueno, me han dado ganas de irme a comer manzanas,
da igual de qué clase…
vaya montón de beneficios.
vendes manzanas??
un bico con olor a manzana.
Fantástico! (Ñam ñam, vou a comer unha xa!!)
E a cantas cousas se lle acaba chamando “MAZÁ! E cantas cousas se poden facer cunha mazá!
Eu teño o mal costume de comer unha, a poder ser reineta, á hora do recreo, xunto co café. E abofé que me dá ben enerxía!
Quedouche redondiño o texto. Coma unha mazá.
Biquiños saborosos.
No meu imaxinario as mazás están asociadas á primavera. Aquelas mazás de San Xoan, os primeiros amores do verán…
Me encantan las manzanas. En casa si tenemos muchas las hacemos al horno o en forma de tarta bien cubierta de finas láminas.
Y que decir de los mordiscos crujientes que al oírlo te entran ganas de comerte una.También recuerdo las papillas de frutas donde no podían faltar tan delicioso fruto y si sobraba se la comía el niño grande, osea yo.
Me está entrando antojo de una jejeje..
Bicos con aroma de licor de manzana, abrazo e saúdo afectuoso!
As mazás apresuradas do recreo, as que ulen por toda a casa nun domingo de mañá dentro do forno, as que comín tantas veces prescritas pola “gordóloga”, as que rezumaban caramelo mercadas nas Festas do Rosario…cantas mazás caben nunha vida e nuns intres. Encantoume este recordo, grazas
Agora mismiño teño eu unha mazá enriba da mesa. Unha Granny Smith, é que son de sabores fortes e ácidos.
A foto, moi fermosa.
Biquiños.
Mazá con queixo, que delicia, encantame.
Bos días a:
Cando era un anaco de home ,sempre que saía da miña casa en Vigo , arranxaba unha mazá do cesto. Miña nai botaba fume xa que eu mais os meus curmans arranxábamos con tudas as mazás pra a venda. Cos bolsos dos pantalons cheos delas estoupaba a carreira pra fuxir dos berros da nosa nai. Xa no monte Galiñeiro, mentres escadaba, almorzaba daquelas mazás fridas e doces.
Hoxe sigo manxando mazás , cando vexo o televexo, cando subo os cumios dos montes carpetans, cando vexo pra o solpor e penso que en isa direcció estades vos todos , boto as mans os bolsos dos pantalons e sempre atoupo unha mazá “golden”, amarela como o solpor que me indica ca Ría de Vigo está fervendo na noite….
Deica logo amicus.
· Para min, como o meu favorito é cocido con algúns “orellóns” e ameixas secas, uvas e algunhas outras cousas.
· bicos
CR & LMA
________________________________
·
E a mazá de tres en cunca, que!
Caray Beato, hoxe emocionáchesme! [esa morriña...]

Ñoco estou sorprendida de canto progresaches co teu galego! [nunca comin a mazá cocida]
Raposo: moito me alegra a túa aportación. Nunca sentira que se chamaban así, pero google levoume a unha páxina onde veñen variedades autóctonas, con nomes tan suxerentes como a túa “tres en cunca”, como “coiro de sapo”, “ollo mouro”, “roxelia”. Dí que á túa “tres en cunca” tamén lle chaman “Cacharela” e “de inverno”.
Eu téñoa comido, pero xa hai tempo:
http://www.agfadoeume.org/Catalago%20mazas%20autoctonas.html
Aldabra: A Granny Smith é unha das miñas preferidas porque ten unha acidez e dozura moi equilibradas, pero hai que ter bos dentes que é dura, e bo estómago para dixerila.

Sigrid, e Cruz da Campá: a miña benvida a compartir os meus pensamentos.
Antonio: a tarta de mazán gústame, sobre todo a caseira [eu só a fixen unha vez na miña vida, e xa non repetín en volver a facela co pretexto de que "engorda".]
Xan: tampouco oíra nunca das mazás de san xoán con ese nome ttan evocador…

concha: a reineta non é das miñas preferidas

lou e maría josé, bo proveito! [non vendo mazás, pero seguro que estaría bonito ter unha tenda especializada en mazás; mazás de importación; dulces de mazá; fermosas composicións de mazás para agasallar; reproducións de cadros nos que a mazá sexa elemento importante; libros que traten de mazás; posters e postais; elementos decorativos con formas e referencias mazás; [ordenadores portátiles e diversos gadchets apple hahaha]
Ana: Inventaches aí unha variedade nova coa mesturanza de nomes entre a Golden e a Granny Smith que che quedou moi orixinal
;-)
pitima: tes razón, deixa as Golden que son para nenos e para velliños; a tí vaiche máis unha mazá con carácter! :-) sobre todo se a vas mesturar con queixo que che pide unha mazá potente. [Eu tamén che son moito de queixos; un dia habemos facer eu máis tí unha boa merenda con mazás queixo e viño, cando vaia ver á miña afillada]
rubén: te voy a contratar para que me des ideas cuando monte mi tienda de manzanas
Dilaida: tí és como algúns homes [gústanche todas!]
Wendy: non me sexas revirada!, agora estamos coas mazás, deixa as laranxiñas. ;-)
Milú: vaia polas ánimas que non che gustan as mazás [nisto como en todo, vivan as diferencias]
http://www.diariovasco.com/v/20100624/al-dia-local/llegan-primeras-manzanas-juan-20100624.html
Hainas en Galza tamén
si, siiiii, xa vin, busquei no google e nunha páxina de maciñeiras autóctonas, citábana!

Poño aquí unha foto da páxina que deixas tí, por se alguén ten curiosidade por saber cales son as mazás de san xoán…
Mimosas… narcisos… ¿maceiras?… A primaveira xa bule no interior das plantas… :-)
Yo nunca como mazanas, pero se ve tan bonita y apetecible….
[...] no mercado europeo hai 2 anos. **Vese que estamos no tempo das mazás, que o ano pasado, o 10 de febreiro, tamén falei [...]