un soño de merda
Xaneiro 20th, 2011 § 21 Comentarios
En español: [un sueño de mierda]
Soñei que me salpicaba na cara a miña propia merda.
[Foi un accidente nun baño público, o mais parecido a sentirse Peter Sellers na secuencia do baño en the Party.]
Dun modo fortuito e sin intención ningunha tamén destapaba o contedor dos trapos sucios [literalmente] de alguén e mentres o propietario da roupa cheirenta buscaba a maneira de tapar novamente o colector antes de que alguén se percatase, eu tentaba aforrarlle a vergoña de saber que eu xa o vira. Agochada nun recantiño, sin moverme, contendo a respiración, observaba comprensiva e nerviosa o azoramento e a ansiedade do pobre dono dos trapos fedentos [o que se chama covarde por compaixón]
Unha non quere crer na simboloxía dos soños, pero hai veces…
Imaxe:
The Party, dirixida por Blake Edwards.
Este cartel de cine é o orixinal da estrea da película.
en Italia, 1969.

Cando un soño é tan chamativo ou impactante que despertamos lembrándoo como si fora un recordo é casi imposible non caer no vicio de buscarlle a simboloxía ou un carácter de predicción. Máis ás veces é mellor esquecelo. Polo menos, inténtao
Bicos
Quizais o máis fermoso do soño é que te liberaches por unha parte do cheiro e por outro do covardía do que había prendido tanto fedor e non sabía agachar. Eu esta semana soñei con un avión e un rescate jajaja. Como andan as cabeciñas!!!. Bicos
bueno, y el vídeo enlazado se corta justo cuando regresa a la fiesta y está la chica cantando, apareciendo en la escena como un elefante en una cacharrería, disimulando que va todo empapado con una cara de gilipollas que nadie ha conseguido poner nunca en el cine, ni jerry lewis, ni jim carrey… glorioso! y… y qué cosas más raras sueñas, joer!
Parece que hoxe soñamos todas… e soños inquietantes… joer!
Se os farrapos cheiraban e que aínda tiñan algo de vida prestada, aínda que o dono os quixese agochar… Non sei, cando fedemos é cando nos achegamos máis ao noso estado animal. Igoal era iso o que queria agochar o ghicho. Bicos Zeltia
Podía ter sido peor… Imaxina que soñas como en Trainspotting cando ten que bucear na súa propia merda buscando a súa droga…
Non queres crer? E cómo é iso?
Eu non me lembro de ter soñado con merda… Sempre ten un sentido, o que pasa é que debe de ser distinto para cada quen…
Este que contas vese como moi nítido, a pesar da merda… jaja
Boeno, as apariencias enganan… seica…
Hoy me he sentido como tú en tu sueño. Me ha salpicado a la cara mis lamentos y quejas, por lo visto…
Leyendo tus palabras (gracias por ofertarlas también en castellano -no he tenido que buscar el traductor-), se cumple aquello de “tragarse sus palabras”. Tanto gimoteo y sollozo tienen estas contradicciones, entre otras.
¿Es mejor dejar la porquería/basura sin airear, pudriendose en el sótano o en el ático? al final huele. Es preferible arrojarlo, cada uno del mejor modo que sabe.
Me gustaron mucho tus palabras. Me parecen muy realistas y sinceras.
Un abrazo.
Pero Zeltia! Non cres na simboloxía dos sonos?
Eu si, pero además convencida, outra cousa é que teñamos a intuición e os coñecementos de saber interpretar eses mensaxes que nos deixa o noso subconsciente.
Neste caso, si eu fora a túa terapeuta che diría que hai que limpar, que fantasees con limpar, non fai falla que te poñas literalmente a elo.
¡Saz!
Algo debes haberte guardado de decir despierta. Pero afloró en tus sueños… ¿qué sería?.
Por otra parte, dicen que soñar excremento significa dinero. ¿Será que compraste un billete de lotería con premio?
¡Ojalá!
Besos
“…que toda la vida es sueño, y los sueños, sueños son.” (P.C. de la Barca)
Ás veces é preferible non recordar o que soñaches, pois nos primeiros minutos despois de espertar podes sentirte ansiosa, asustada, a desgusto, con medo… Pero teño entendido que os máis turbulentos básanse sempre na realidade vivida e que xa pasou (recurren ao pretérito) e, ao contrario do que se cree, soen ser soños beneciciosos porque actúan a modo de catarse e nos días seguintes sínteste aliviada. A min tenme ocurrido.
Ogallá que hoxe soñes bonito, Zeltia!:-)
Recorda que hai un mundo de día e un mundo de noite, -dicíame un amigo hai uns días, falando dos soños desagradables.
Os soños son unha carallada. Cando son bós amólante cando despertas (case sempre no mellor), e estrágase o momento; e cando son malos xa o pasas mal neles mesmos.
Bicos dende a Chousa
Vaia soños máis porcallentos e fedorentos.
Non din que soñar con merda da sorte? Pois ao mellor trátase diso.
Bicos
…hai veces que son contundentes. Ai, ai ai, seguro que viche o telexornal antes de te deitar.
Di Forrest Gump que a cada un lle ole de marabilla a súa propia merda. Algo que comentar ao respecto?
Muchas personas esconden su porquería sin darse cuenta de que hace tiempo que el aroma putrefacto les delata, y como bien dices nosotros por compasión callamos para no dejarlos en evidencia pero estamos deseosos de refregarles su mierda en su propia cara, mejor que no nos provoquen para no tener que remover lodos.
Estupenda escena de la película,hace mucho que no la veo,tendré que revisarla.
Abrazo e saúdo afectuoso!
Admirado Caravaggio: pouco lle teño que comentar, non lle son nada coprófila, pero ocórroseme que é algo que ten doado de comprobar por vostede mesmo ;-)

Ainda que se din que soñar coa merda trae sorte, como apunta Dilaida, será cousa de poñerse a ver o telexornal noite, que un tal marra sospeita que conduce a ese tipo de soños… que total son unha carallada non sí, Chousa? (por unha cousa ou pola outra).
Harmonía, nunca pensara nos soños coma unha catarse, pero estarei atenta a ver se lle atopo beneficios [e agradecerche o desexo de que soñara bonito... pois esta noite non lembro o que soñei, pero habería ser pouco porque durmin poucas horas]
Pieldeletras, no compro lotería casi nunca [claro, como me va a tocar -asi me ocurre en otras esferas de la vida, si una no arriesga tampoco gana nunca-]; me alegro de verte de nuevo, me apetece retomar las visitas a tu blog y al de nuestro común amigo.
Susana Moo, non ho, non me poñerei a limpar, odio as tarefas domésticas… e non creo moito na simboloxía dos soños, non… Sí que creo que as emocións ou sentimentos, (medos, desexos, etc.) sexan conscientes ou non, conducen os nosos soños, e que son traducidos en imaxes e situacións estañas no mundo onírico.
Oliva, yo también creo que la porquería que llevamos dentro nos pudre, aunque cuando involucramos a otros y les hacemos daño, vaya conflicto, no?
Pitima, a que parece claro o signifiado deste soño? [e o de non querer crer... pois non sei. Cada vez voume poñendo máis a favor do autoengano sempre que sirva para ser mais feliz.
Antón: os farrapos tiñan restos de vida, asegúrocho. ;-)
Maribel: o teu sí que son soños!, tí sí que sabes!.
Raúl: la verdad es que los gags se suceden tan rápido que no hay principio ni final. Pero yo quería poner la secuencia del lavabo pq así, con mínimas cosas llegó a sentirse tremendamente azorado P.Sellers, como me pasó a mi en el sueño. La peli una de las de la historia del cine, imperdible. E co sorriso que nos deixa a peli, por suposto, Alís, que esquecín o sono... e que foi un soño tan estraño...
Antonio veo que toqué un punto sensible ;-)
Pepa e Magadalena: non sei quen sodes... non recoñezo os vosos correos, nin deixades enlace [e gustaríame]. [Pepa a peli de Trainspotting gustárame moito cando a vin; rinme e tamén me impactou
Gustaríame que me contaras o teu soño, Magdalena.
E esta entrada tan escatolóxica… deixémola atrás, que son unha dama. (vistes que cambiei o meu avatar? mais acorde co meu momento vital… -bueno,estou probando, admito suxerencias-)
pois a verdade é que eses soños son desacougantes e angustiosos, alomenos para mín… eu non creo neso dos soños, pero miña avoa decía que cando se soñaba con merda era que che ía pasar algo bó.
biquiños,
Me gusta despertarme y recordar los sueños. Es como recordar otra vida, otra realidad. Será que mi vida y mi realidad son limitadas, y todo cuanto sea trascender límites me viene bien. Me ha gustado hoy leer tu sueño.
Besicos oníricos
Una forma de expresar muy directa y que me gusta.
Un abrazo.
gracias (hay cosas que, si una se pone fina, resulta un tanto ridículo)
echaré un vistazo a tu página! gracias por dejar señales de tu paso.