o galego turn me on
Novembro 7th, 2010 § 21 Comentarios
Chegoume ao mostrador un mozo estranxeiro [novo] falando galego con moita dificultade, cunha estraña entoación. Contoume que era alemán, traballando en Inglaterra e que o desexo de aprender galego xermoláralle o 25 de xullo, ese día estaba en Santiago despois de facer o Camiño e viu como a cidade estoupaba en festa, mergullouse nun río de bandeiras azul e branco que partía en manifestación da Alameda, asistiu abraiado ao espectáculo do día da patria galega e tomou a decisión de coñecer a cultura e o idioma dun pobo que reclamaba con tanta forza o seu dereito a selo.
Agora vén varias veces no ano a Galicia [di: encántame, encántame] practica galego e fai novos cursiños. Gústanlle as lendas e as tradicións e a paisaxe. Eu faleille do Cabo Ortegal, de Santo Andrés de Teixido [que vai de morto quen non foi de vivo] e da herba de namorar que medra nos seus cantís. Prometin enviarlleo video de Daría “A Xanela” e o teléfono dalgunha moza belida e con coche que o levase de excursión [se hai voluntarias poñédevos en contacto comigo].
A tí te hablan en gallego y te derrites, dime a miña compañeira con certa sorna. [É certo, se fose hai vinte anos, a éste ao Santo Andrés levábao eu].
E cun sorriso lembreime do outro, do que sí viñera haberá os vinte anos, falando en perfecto castrapo con acento británico e lle axudei eu mesma a instalarse, a ir de compras, a probar a cama [cando se emocionaba pasábase ao inglés] e un dia xurdiu, [da noite para a mañá como se fose un cogumelo en outono], unha noiva inglesa no aeroporto de Santiago, á que fun recoller no meu coche e que terminaría dándome clases de inglés falado no Playa Club de Riazor tres tardes por semana, mentres él ía ao curso de galego. Antes de volver ao seu país inviteinos aos dous a comer mexilóns e zamburiñas no porto de Lorbé. Eles, o día da despedida, regaláronme uns pendentes de acibeche. [Un por cada un, un par, coma nós, díxome él en perfecto galego].
O enlace(por se falla o reproductor) á canción “Romeiro ao Lonxe” de Luar na Lubre cunha preciosa música e letra que fala da herba de namorar.
encántanme os textos que evocan sensacións tan reais, que ulen, que soan e que enchen o paladar… canto boto eu en falta as zamburiñas e os mexilóns de lorbé dende o meu exilio (semivoluntario) en madrid!
los alemanes, el príncipe de asturias, el papa… todo el mundo fala galego!! :)
E que o galego tamén é unha lingua de namorar!
Deille moi axiña a “enviar”. E fíxeno sen mandar os bicos nin adxuntar este video que se contrapón un chisco ás historias (fermosas) que inclues no post.
Non me parece que o video se contrapoña ás miñas historias. Certo que é triste ver como a lingua nai e ignorada e menospreciada polos que deberían conservala e en cambio é valorada polos de fora. Pero os mozos dos que falo eu no meu post tamén se sorprenden de estar en Galicia e que nunha cidade como A Coruña, poucos lle falen en galego menos mal que toparon comigo na Biblioteca! jajaja
Coñecía este video. Teño unha idea que o enlacei dende o outro blog nalgún post, ou o puxen no facebook ou algo; tamén me pareceu destacábel. Graziñas por poñelo aquí
Eses detalles son os que dan azos para seguir nesta contracorrente onde nos metemos.
Que veñan máis estranxeiros ( máis ben estranxeiras no meu caso ) !.
Sei que tamén lle chaman azafrán das bruxas, supoño por seren nocivas
· É unha boa historia. Eu creo que con o miño castrapo podíame invitar alguen a viaxar por Galizia. A San Andrés xa fun e non gustome pero a punta do cabo foi ben fermosa.
· bicos
CR & LMA
________________________________
·
Qué vidas más interesantes tenéis. Esas cosas a mí no me pasaron never, never…
Pero muller, tí es moi novechiña. Dentro de 20 anos xa lle contarás a abuelita Zeltia
Pero claro, tamén… xa sabes:
non se pode estar felizmente arreconchegadiña co noivo e ao mesmo tempo apuntarse a experiencias que non se sabe en que van ir dar…
cando dís un mozo ( novo) fixechesme rír,eu tamén agora xa puntualizo,un rapaz novo,un home da miña idade,un mociño……
a lingua une xa non é un slogán é unha realidade,
bicos e fermosa entrada.
Fermosísimas historias. Deixáronme parvo, vaia lembranzas máis xeniais, imaxino!
A min ás veces tamén me medra o interese cando me falan galego jajaja
Cuando una piensa que su lengua está cercada, que todos los días hay una riada que se lleva la rutina del habla de siglos. Que un extranjero te hable en Galleglish no es muy difícil luego acompañarle hasta su dormitorio aunque sólo sea para abrirle la cama.
Bicos
Es curioso y agradable que personas de fuera valoren la cultura de un pueblo más que muchos españoles, extraño país España donde se pisotea continuamente nuestra enorme cultura.
Un Saúdo afectuoso!
Eu tamén me derreto cando o meu reisiño venme con algunha expresión en galego… jaja. Nós somos castelán parlantes, aínda que eu tento que se me apegue o galego todo o máximo, axudada da profe do neno, da miña mellor amiga que é galego parlante…
onte o neno pediume un bico, non un beso, non… Sinalábame o moflete e pediumo en galego… ¡é tan doce!
E a miña nena ten carácter galego… Muller forte e capaz!! jaja
Qué parelliña mais amable, os dous, cun pendiente cada un, falando galego e emocionándose en inglés.
Manda carallo, goshh!
Parece, ou así mo di a experiencia, que se entende mellor dende fóra que dende dentro. Supoño que foron moitos anos de autoodio, de menosprezo, de culpabnilidade… Pouco a pouco andaremos ese camiño e namoraremos de novo das lendas, da terra, das palabras.
Se serve unha non moza e nada belida pásalle o meu enderezo ;)
Miña nena, iso é facer patria e o demáis son conachadas !!
Habíanche deixar unha ducia de pendentes e non facían de máis.
(Ei… ninguén dixo que houbera que ir ao Santo Andrés de 25, xa ti verás… ;) )
Gustoume moito a historia de “o galego turn me on”. Emociona.
Eu tamén me derrito cando me falan galego.
Ás veces temos que esperar a que os de fóra valoren o que temos para darlle nos a estima que merece.
¿Tes usado moito eses pendentes? ¿Os dous ou un só?
Bicos
No se puede decir que seas posesiva, ni que desaproveches las oportunidades de hacer amigos, de aprender inglés y de lo que surja;-)
Me gusta cuando las historias del presente nos llevan a las del pasado.
Besicos