Vaise indo o mes de xullo…
Xullo 28th, 2010 § 16 Comentarios
Xullo, para despedirse, amosoume a silueta do monte Louro dende o outro lado da ría, o ar tolo revolvéndome o pelo.
Arroloume coas ondiñas plácidas do mar de Carril, a illa de Cortegada velando o meu soño.
Descubriume paraísos.
Regaloume praceres.
Tróuxome a romaría na carballeira e a noite da maxia.
E contoume contos que xa son ficción, pero foron verdadeiros.
Todos os días non son iguais.
A experiencia non é o que lle pasa a un home,
é o que un home fai co que lle pasa.”
A single man.
A cita vina na Selva de Esmelle, e coa mesma xa estou descargando a peli.
A fin de contas o verán é sempre un soño. Pero ás veces a vida engánchase ao verán. Así da gusto. Aproveita!
Bendito Xullo, que nos recarga antes do descenso de Agosto cara o Luns que é Setembro.
Vexo que non o está desaproveitando. Siga siga!
qué maravilla de fotos. estar disfrutando de esos (y otros) placeres en escenarios así tiene que ser un gozo sensitivo.
Parece que foi un Xullo inmellorable! Eu vou a ver se me fan oco na perruquería!
Zeltia, no teu caso non podes dicir que che roubaron o mes de xullo. Un mes cheo de noites máxicas, paraísos e praceres é case a Felicidade.
¡ay, que envexa sinto!… esa praia… o monte louro, que tiven o gusto de coñecer hai uns anos…
e eu aquí, mortiña de calor… je je je, bordando soños como Penélope e agardando por meu amor…
biquiños agarimosos,
En esa foto reconozco algo que me deslumbra estas noches sobre el embalse.La misma luna llena que decora nuestras vidas.
Un beso
Si, vaise xullo, o meu mes estrela. A min tamén me trouxo cousas moi boas e forma de paraísos, praceres e romarías (non podo entrar en detalles. Ti xa sabes, Zeltia porqué cho digo).
……………………………………
El rey ha muerto. ¡Viva el rey!
Es decir, que acogeremos agosto con todos los honores y bienaventuranzas.
Tés razón: anque os días semellen iguais sempre hai algo diferente neles.
Pois que eses paraísos encarrilen novos praceres nas romarías que, de seguro, traerá agosto, setembro…
Bicos
Perfecto xullo que venta un bo agosto ;)
• Xullo fo o mes no que disfrutar do Monte Louro, desde Porto do Son, Noia, Arnelas, Baroña…
• En Xullo estuve no Cabo Estaca de Bares, Fisterra, Touriñán, Vilán
• Xullo foi o mes no que degustei os praceres da Galicia….
• Na Ribeira Sacra tambén…
• Bicos
► CR ► LMA
________________________________
•
sabes unha cousa? eu tamén gardo moitos solpores coa túa mesma vista de Carril, se cadra un día podemos vernos na punta do porrón!!!!
Vou a Carril só unha vez no ano, [que me invitan a unha casa no paseo da praia]. Pero sempre podemos axudar ó destino :) que a carretera non a moverán de sitio. Eu por unhas ameixas… maaaaató.
[...] non se pode crear nin destruír só se pode transformar, gustaríame saber en que foi dar a miña do ano pasado por estas datas… onde a maxia?. [O mesmo escenario, pero a xente, os risos, o barullo ao meu [...]
Xa me contará que lle pareceu o filme, espero que lle guste tanto coma a min. Saúdos e grazas pola referencia.